Concello das Neves

O Pleno do Concello da so seu visto bo a estudo sobre a viabilidade da municipalización do servizo de limpeza de edificios e dependencias municipais

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

O Pleno das Neves deu o seu visto bo, este martes, á Aprobación inicial do estudo de custos sobre a viabilidade da asunción directa, por parte do Concello, do servizo de limpeza dos edificios e dependencias municipais.

Trátase dun paso para coñecer a situación exacta do mesmo que abrangue, ademáis da limpeza das dependencias dos inmobles municipais, a do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé, as escolas unitarias de Rubiós e Taboexa, a Escola infantil e o Centro de día.

O estudo, unha vez rematado, estará exposto públicamente, para que todas as veciñas e veciños que o desexen poidan consultalo.

A anáise do balance e custos económicos, comparando a xestión privada coa prestación pública do mesmo, permitirá decidir sobre a posible municipalización deste servizo, que dende hai máis de dúas décadas presta unha empresa concesionaria.

O Concello municipalizou a principios de ano a recollida de envases plásticos

A principio  de xaneiro de 2022 o Concello das Neves asumiu directamente a xestión do servizo de recollida de envases plástico, que ata agora prestaba a empresa privada Urbaser.

Así, comezou a recoller os envases con persoal e medios propios, o cal, entende o Goberno local, redundará nunha maior eficiencia do servizo e, no eido económico, tamén beneficiará ás veciñas e veciños, facilitando a mellora do mesmo, ao quedar o beneficio da empresa privada nas arcas municipais.

Hai que salientar que nos últimos anos a dotación de contedores, a mellora das frecuencias, a concienciación e o Plan Revitaliza triplicaron as toneladas de envases recollidas. En cifras, no ano 2015 foron 15 toneladas, mentres que no 2021 o total achegouse ás 55 toneladas de envases plásticos.

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email