Concello das Neves

Obras no edificio de Servizos Sociais e no Banco de Alimentos Municipal

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

O Concello iniciou a principio deste 2022 obras no edificio de Servizos Sociais, para  o aproveitamento de espazos do mesmo, e de acondicionamento do local que ocupa na actualidade o Banco de Alimentos, no andar superior do Mercado Municipal.

Son dúas pequenas reformas, necesarias de conservación e modernización destes dous espazos tan necesarios. Está previsto que os traballos, que están financiados con cargo ao Plan Concellos 2021 da Deputación de Pontevedra, rematen nas vindeiras semanas.

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email