O Concello iniciou a principio deste 2022 obras no edificio de Servizos Sociais, para o aproveitamento de espazos do mesmo, e de acondicionamento do local que ocupa na actualidade o Banco de Alimentos, no andar superior do Mercado Municipal.
Son dúas pequenas reformas, necesarias de conservación e modernización destes dous espazos tan necesarios. Está previsto que os traballos, que están financiados con cargo ao Plan Concellos 2021 da Deputación de Pontevedra, rematen nas vindeiras semanas.