Concello das Neves

Os palistas que participan na II Gold River Race, este domingo, día 15 nas Neves

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

A segunda edición da Gold River Race, a competición de piragüismo de estilo ultramaratón que se atopa entre as máis longas do mundo e que xa está a converterse nun referente internacional, pasará esta fin de semana polas Neves.

A proba, dun total de 100 quilómetros, arrancou este venres, día 13, en Lugo e tralo seu paso por Ourense o sábado 14, terá como protagonista á provincia de Pontevedra na súa terceira e última etapa o domingo 15 de maio.

A Deputación de Pontevedra volve patrocinar esta proba, que na provincia terá como escenarios os concellos de Crecente, Arbo, As Neves e Salvaterra, tal e como explicaron os organizadores na presentación da proba, acto no que estivo presente o segundo tenente de alcalde e concelleiro de Deportes das Neves, Óscar González .

A maís longa de Europa

A Gold River Race está considerada oficialmente coma a gran maratón de piragüismo máis longa de Europa e a súa  participación está limitada ás embarcacións K2 e C2, en homes e en mulleres.

Entre os favoritos están, no K2, Iván Alonso, tricampión do mundo e cinco veces campión de Europa; en C2 a referencia é Joaquín Iglesias, campión de España.

De cara aos vindeiros anos, a proba buscará superar ás lendas sudafricanas e sudamericanas,  como a mítica Regata do Río Negro, da Arxentina, que é hoxe a de maior lonxitude do mundo.

 

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email