Dende o pasado mércores, 9, ata este domingo, 13 de novembro, As Neves estivo presente no ’23º Salón Internacional Xantar de Turismo gastronómico’.
O alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, xunto con representantes de EFA A Cancela, da Adega Señorío de Rubiós, do GDR e da Coperativa Condado-Paradanta, estivo presente promocionando os nosos produtos que foron protagonistas estes días.
Xantar ofreceu cinco xornadas de intensa actividade cheos de experiencias para descubrir e disfrutar incluidas o Encontro Internacional sobre Gastronomía Sostible e Saudable, que aposta por unha alimentación equilibrada a partir de produtos de calidade.
As Neves, protagonista
Showcookings de cociña en directo cos mellores chefs, catas comentadas -como as de viños e requeixo con mel, nas que participaron representantes das Neves- maridaxes, conferencias de expertos, presentacións de produtos innovadores e degustacións.
Este domingo destacou a presentada por representantes de EFA A Cancela que maridaron dous pratos con requeixo e mel: unha tosta de hummus con cebola caramelizada, con mel de As Neves e requeixo, e un prato doce de «torrija» de Viño tinto Rubiós, feito con pan de Cea mesturado con xeado de requeixo e «gel» de tinto Rubiós cun cruxiente de Viño.
O alcalde tivo ocasión de manter contactos con diferentes organismos e responsábeis públicos, entre eles o vicepresidente primeiro da Xunta, Diego Calvo, ou o conselleiro de Medio Rural, José González Vázquez.