Concello das Neves

Proceso selectivo de estabilización de 13 prazas de persoal laboral fixo e funcionario, no Concello das Neves

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

Trátase dunha convocatoria que é de quenda libre e ten coma obxectivo a mellora na prestación dos servizos públicos.

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou o día 25 de marzo de 2023 a convocatoria dunha Oferta de Emprego para cubrir 13 postos de traballo, de funcionario e de persoal laboral fixo, para o Concello das Neves.

As instancias de solicitude poden presentarse do 16 de marzo ata o 4 de abril, ambos inclusive.

Trátase dunha das OPE máis importantes aprobadas nas Neves nos últimos anos, e forma parte do proceso de estabilización de emprego temporal e do obxectivo de progresar na prestación dos servizos públicos municipais.

Esta convocatoria  abrangue, no que se refire a persoal laboral fixo  : 1 posto de Axente de Emprego de Desenvolvemento Local; 1 posto de Traballador Social; 1 posto de Educador Familiar; outro de Arquitecto; 1 máis de Asistente de Axuda a Domicilio; 1 posto de Auxiliar Administrativo para o Xulgado de Paz; 1 posto de Auxiliar Administrativo de Servizos Sociais; outro de Auxiliar Administrativo de Atención ao Público e Gravación de datos e 2 postos de Limpador/a. Polo que atangue á selección de persoal funcionario,   unha oferta de  emprego de Administrativo. En todos os casos a convocatoria é de quenda libre.

O alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, apunta que este proceso selectivo «permite ao Concello das Neves contar cunha estrutura de persoal moito máis estable o cal, sen dúbida, redundará na mellor prestación dos servizos as veciñas das Neves».

Tal e como se comprometera, o Goberno municipal acordou cos delegadas e delegados de persoal as bases desta convocatoria, seguindo coa intención, establecida hai xa oito anos, de manter en todo momento o diálogo cos axentes sociais.

MODO DE PRESENTACIÓN: Deberánse entregar para cada posto de traballo un Anexo I (Solicitude), un Anexo II (Declaración Responsable), a titulación esixida e a documentación que acredite os méritos.

Anexo I de AXENTE DE EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL, TRABALLADOR_A SOCIAL, EDUCADOR_A FAMILIAR, ARQUITECTO_A, ASISTENTE AXUDA A DOMICILIO, AUXILAR ADMINISTRATIVO_A XULGADO DE PAZ, LIMPADOR_A, CONDUTOR_A TRACTORISTA, AUXILIAR ADMINISTRATIVO_A ATENCIÓN AO PÚBLICO E GRAVACIÓN DE DATOSAUXILIAR ADMINISTRATIVO_A SERVIZOS SOCIAIS e ADMINISTRATIVO_A.

Anexo II DECLARACIÓN RESPONSABLE (Común para todas as prazas).

 

Podes consultar a información e as bases, aquí

APROBACIÓN DAS BASES XERAIS E ESPECÍFICAS REGULADORAS DA CONVOCATORIA DE SELECCIÓN DE PERSOAL FUNCIONARIO E LABORAL FIXO NO PROCESO DE ESTABILIZACIÓN DE EMPREGO TEMPORAL, DO CONCELLO DE AS NEVES (OEP EXTRAORDINARIA 2022). ARTIGO 2 DA LEI 20/2021, DE 28 DE DECEMBRO   —- CONCURSO/OPOSICIÓN —-

BASES XERAIS E ESPECÍFICAS REGULADORAS DA CONVOCATORIA DE SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL FIXO NO PROCESO DE ESTABILIZACIÓN DE EMPREGO TEMPORAL, DO CONCELLO DE AS NEVES (OEP EXTRAORDINARIA 2022). DISPOSICIÓN ADICIONAL SEXTA DA LEI 20/2021   —- CONCURSO —-

CORRECCIÓN DE ERROS BASES XERAIS E ESPECÍFICAS REGULADORAS DOS PROCESOS DE SELECCIÓN DE PERSOAL PARA A ESTABILIZACIÓN DE EMPREGO TEMPORAL DO CONCELLO AS NEVES, OEP EXTRAORDINARIA 2022

 

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email