Concello das Neves

Recepción no Concello a Lucía Rodríguez e Basilio Porto, medallistas no pasado Campionato Europeo Júnior de Bádminton

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

-Lucía Rodríguez, campioa de Europa en dobres, e Basilio Porto, bronce por equipos, acaban de ser convocados pola Selección Española para o Campionato do Mundo do mes que ven

O Concello das Neves, deu formalmente os parabéns, nunha recepción, a Lucía Rodríguez e Basilio Porto, que veñen de acadar tres medallas no Campionato de Europa Júnior de Bádminton, disputado el Belgrado.

Os dous deportistas do Club de Bádminton Suflenorsa As Neves, recibiron os parabéns da Corporación Municipal, representada polo alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, os dous tenentes de alcalde, Marcelino Couto e Óscar González, e a concelleira de Mocidade, Rocío Barreiro.

Campioa de Europa

Lucía Rodríguez acadou o ouro, que supón o campionato europeo en dobre feminino, xunto a Nikol Carulla, e a medalla de bronce por equipos, o mesmo que Basilio Porto, como integrantes da Selección española. Os dous adestran no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, en Pontevedra, no que compatibilizan a preparación para a competición cos seus estudos, no caso de Lucía, grao en Comunicación Audiovisual, e Basilio, 2º de Bacharelato.

Convocados para o Campionato do Mundo

Como explicaron durante a súa visita ao Concello, os adestramentos ocupan todos os días da semana, algúns deles ata 6 horas, e van aumentando de intensidade cando hai algunha cita especial, como o Campionato do Mundo Júnior, do 17 ao 30 de Outubro, en Santander, para o cal, como coñeceuse este mesmo mércores, foron convocados pola Selección española.

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email