Concello das Neves

Reparación do afundimento na pista da Estrema, en San Xosé de Ribarteme

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

O alcalde, Xosé Manuel Rodríguez, e o primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Marcelino Couto, estiveron na pista da Estrema, en San Xosé de Ribarteme, onde van comezar as obras para reparar o afundimento que se produciu no lugar.

Os traballos, que poden iniciarse unha vez que o Concello recibiu a autorización da Confederación Hidrográfica, estarán a cago da empresa adxudicataria Servicios Medio-Ambientales del Miño S.L.

 

As obras, que contarán cun orzamento total de 39.933,68 euros, financiados na súa totalidade co Plan Concellos 2022 da Deputación de Pontevedra, abranguen a construcción de muro de 102 metros cadrados; reposición da ‘tajea’; reposición do asfalto en 640 m2; beiravía triangular de 15 metros e limpeza de 40 metros e pintado de toda a pista de cruce a cruce.

 

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email