Concello das Neves

Restablecida a subministración de auga no Ravelo, logo da rotura dunha tubaxe da traída provocada polo afundimento dunha parada do autobús

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

As choivas caidas este días puideron axudar a que, literalmente, desaparecese unha parada do autobus no barrio do Ravelo, na parroquia de Tortoreos.

O Concello recibiu o aviso de que a marquesiña estaba afundíndose e, pouco antes das 8 da mañá deste venres ‘desapereceu’ engulida por un burato do chan. Baixo o mesmo, os traballadores municipais atoparon un antigo pozo derrumbado e confirmaron, tamén, que houbo unha rotura nunha tubaxe da auga da traída que deixou sen servizo a unhas vinte casas dos barrios da zona.

Axiña, dende o Concello, deuse aviso aos servizos da Deputación de Pontevedra para que axudasen a sacar a marquesiña afundida e a reparar a tubaxe. Finalmente o Concello, vista a necesidade, tomou a rápida decisión de cordinar unha empresa e medios propios para en poucas horas restablecer a subministración de auga veciñal arredor do mediodía.

Os servizos da Deputación acudirán talar a árbore seca -un ciprés- no mesmo lugar, para evitar calquera risco.

 

 

App Linea Verde 

Dende o Concello sinalan que as veciñas e veciños das Neves teñen poden alertar de calquera incidencia ou avaría empregando a ‘Aplicación Linea Verde As Neves’. Mediante ela é posible informar, facendo so unha fotografía, de calquera dano, atranco ou perigo que se atope en calquera parroquia, ben teña que ver co alumeado, abastecemento, saneamento, estradas, camiños e pistas urbanas e rurais, lixo e limpeza, compostaxe, punto limpo ou áreas de lecer e de deportes.

As avarías ou danos que se comuniquen chegan ás persoas do Concello encargadas de reparalas e a veciña ou veciño que realice a comunicación recibirá un aviso no seu teléfono móbil informando do estado da reparación- se a mesma está en curso, cando está previsto acometela ou se xa se traballa nela-e en canto se solucione se lle enviará aviso, incluso cunha fotografía, para que poida ver que, efectivamente, o problema está resolto.

Esta Aplicación, pode baixarse dende Play Store para teléfonos android ou dende “AppStore

 

 

 

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email