A Fundación Mulleres e o Concello de As Neves organizan talleres gratuítos para mulleres entre 18 e 65 anos co obxectivo de fomentar a súa empregabilidade e empoderamento.
Serán dúas sesións de tres horas que se realizarán no mes de xuño, para o que se require un mínimo de 10 persoas interesadas. As datas, lugar de realización e horario serán comunicadas ás persoas admitidas, unha vez formado o grupo.
Prazo de Inscrición
Do 1 ao 10 de xuño, nas Oficinas de Servizos Sociais, chamando ao teléfono 986 66 71 34 ou a través do correo electrónico servizossociais@asneves.gal