Como chegar

COÑECE A NOSA VILA

Como chegar por estrada

como-por-estrada-00

EN COCHE

DESDE OURENSE

  • Accédese pola autovía A-52 dirección Vigo e posteriormente tómase a saída 287 cara PO-402, en dirección As Neves.
  • Ou tamén pola autovía A-52 dirección Vigo, tomaremos a saída 271 cara A Cañiza/Crecente e posteriormente tomaremos a PO-5003 ata Arbo. Dende Arbo colleremos a PO-400 ata As Neves.

DESDE O NORTE

O acceso desde A Coruña, Santiago ou Vigo faise pola autoestrada AP-9 cara Vigo/Pontevedra, a continuación tomaremos a A-56 para posteriormente tomar a A-52 para coller a saída 291 cara As Neves.

DESDE PORTUGAL

Para acceder As Neves desde Portugal existe a posibilidade de cruzar a Ponte Internacional que une Monçao e Salvaterra de Miño e coller a PO-400 cara As Neves, ou ben cruzar a Ponte Internacional que une Melgaço e Arbo e coller a PO-400 cara As Neves. A continuación, poñemos o exemplo dende Porto, cruzando a Ponte Internacional que une Valença do Minho e Tui.

como-por-estrada-bus

EN AUTOBÚS

Hai conexións regulares dende Vigo cos concellos limítrofes da comarca a través da empresa OJEA, que intercomunica todo o Condado-Paradanta. Saen dende a Estación de Autobuses de Vigo e existen varias paradas ó longo do percorrido.

EMPRESA OJEA

Enderezo Estación de Autobuses Vigo: Praza Estación 1, Vigo 36201, Pontevedra

CONCELLO

OFICINA DE TURISMO

Sitio implementado por GNOMIO SOLUCIONES WEB. Financiado pola DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA. PRIVACIDADE.