Dende 1991, celébrase a Feira do Requeixo e Mel, os venres e sábados de Semana Santa, feira que foi declarada Festa de Interese Turístico de Galicia no ano 2013.
Este alimento, que ten o recoñecemento de «Alimento artesán de Galicia» dende o 2023, ten a súa orixe no medievo, alá polo século XII, cando os veciños de Cerdeira agasallaban con esta delicia aos peregrinos que pasaban polo que hoxe coñecemos como o Sendeiro dos Frades.
E porque se celebra nesas datas? Pois para seguir coa tradición, xa que as mulleres que viñan vender o requeixo facíano especialmente os venres, aproveitando que era cando se celebra a feira no concello, e xusto na Semana Santa, sendo festivo, era cando mais vendían.
Festa de Interese Turístico de Galicia. Se celebra cada 29 de xullo na parroquia de San Xosé de Ribarteme sendo ese día festivo local.
Milleiros de peregrinos visitan cada ano o Santuario de Santa Marta de Ribarteme, para pedir a intercesión da venerada Santa na súa axuda, ou de familiares e amigos; ou agradecer os favores recibidos en episodios difíciles da vida.
“OS CADALEITOS”
Os devotos de Santa Marta protagonizan “unha procesión de cadaleitos”, cos ofrecidos vivos dentro, a ombros de familiares e amigos, seguindo a imaxe de Santa Marta, para solicitar a súa intervención en nome propio ou dun familiar gravemente enfermo.
Festa na que se enxalza o afamado viño tinto producido principalmente na parroquia de Rubiós. Celébrase os días 24 e 25 de xullo.
Romaría celebrada no cumio do monte San Nomedio, pertencente á parroquia de Taboexa cada 7 de agosto.
Coñecida como Romaría do Medo, celébrase o 24 de agosto para pedir ao santo que elimine calquera tipo de medo.