Centro de interpretación sito na parroquia de Taboexa, no que existe unha sala permanente con paneis nos que se mostra o patrimonio cultural da parroquia. Ten como función promover un ambiente para a aprendizaxe creativa, dando a coñecer ás xeracións presentes o significado dun legado cultural e histórico, construído polos bens arqueolóxicos e arquitectónicos da zona. Está orientado a cubrir catro funcións básicas: investigación, conservación, divulgación e posta en valor do entorno. Conta con unha exposición permanente sobre os bens patrimoniais de maior relevancia de Taboexa: castros, petroglifos, igrexa, capelas, cruceiros, petos de ánimas, muíños de auga…
Os servizos que oferta o centro son:
Nunha gran lousa de granito, nas abas do monte San Nomedio o visitante poderá ver varias figuras antropomorfas e máis de 20 figuras zoomorfas
Múltiples son os petróglifos que nos últimos anos apareceron nas Neves que datan da Idade de Bronce: Os do Castro de Altamira, os da Fental da Minada, os do Morgallón ou os de Coto Ribado. Rectángulos, zigzags, coviñas, labirintos ou espirais que debuxan todo un mundo simbólico de gran importancia patrimonial. Recentemente, descubríronse os gravados da Coutada, quizais o achado máis importante para a arte rupestre galega das últimas décadas.
Destaca a silueta dun gran cabalo de máis dun metro de lonxitude. A maioría dos animais que se representan son équidos e algún can nunha singular escena de caza de máis de 4000 anos de antigüidade. Para coñecelos pódese concertar unha visita a través do Centro de Interpretación do Patrimonio e Local sociocultural de Taboexa. O mellor momento para observar os gravados son as primeiras e as últimas horas do día, cando a luz do sol incide oblicuamente sobre os mesmos.
O Concello de As Neves na idea global de “Valorización Turística e mellora da accesibilidade dos petróglifos de “A Coutada” na parroquia de Taboexa (As Neves)” para facilitar a difusión e tamén a dinamización do xacemento elaborou unha recreación dos petróglifos, mediante unha aplicación de realidade aumentada.
Esta aplicación tecnolóxica permite agregar elementos virtuais, con información en forma de gráficos ou imaxes, á nosa contorna real. Deste modo, podemos xerar novas experiencias nas que aportamos coñecementos relevantes ao espazo real, favorecendo a interpretación do recurso e o acceso ao coñecemento, dun modo moi pracenteiro e motivador.
Esta é unha audioguía na que, logo dunha contextualización territorial e histórica dos xacementos de A Coutada, facemos un percorrido polos distintos petróglifos destacando os principais elementos de cada un deles. Ao mesmo tempo que se achegan informacións que axudan a súa interpretación. Poderase descargar mediante os códigos QR situados nos paneis interpretativos que se atopan no percorrido.