Patrimonio Natural

COÑECE A NOSA VILA

Patrimonio Natural

ÁREAS RECREATIVAS

  • Santa Mariña
  • Pousadoiro

PRAIAS FLUVIAIS

  • Santa Mariña 
  • Porto Maior 
  • Guláns 
  • Da Ceña 

CHAN DA BESADA

De xeito inexplicable, os animais xúntanse onde se forma unha lagoa vida a menos, que segundo a tradición oral mesmo puido ser un glaciar.

LAGOA DE MEDÁNS

Situada na parroquia de Setados, é un recuncho para sentarse, respirar e tomar folgos ao carón do Camiño dos Pescadores.

FERVENZA E MUÍÑO DA CEÑA

Moi cerca dos límites do concello das Neves e Salvaterra desemboca o Río Xuliana no Río Miño e faino en forma de cascada.

Miradoiro e observatorio de estrelas

San Nomedio

O Concello das Neves vertébrase ó redor de este monte. Nas súas ladeiras conflúen catro parroquias e pódense observar petróglifos nalgunhas das súas pedras

Recentemente creouse un miradoiro e un observatorio de estrelas -coa colaboración da Dirección Xeral de Turismo-, no cumio do propio monte, a uns 690 metros de altitude. Dende aquí poderemos divisar unhas fantásticas vistas, admirando a contorna composta por enormes espazos naturais (como os vales de Xuliana e Termes, visualizando os concellos máis próximos, Portugal e podendo mesmo ver nun día despexado as Illas Cíes. É un lugar perfecto para a organización de rutas, por exemplo en bicicleta.

Ademais, pódese aproveitar para visitar a Área Recreativa do Pousadouro, unha área de recente construción que constitúe un espazo perfecto para descansar, por exemplo para aqueles que realizan o Camiño dos Frades, sita nun entorno natural e rural. A vexetación que se pode atopar está composta por castiñeiros, con sotobosque de varias especies.

Neste monte localízase a ermida de San Nomedio,  de fabricación sinxela, cunha soa nave e de modesta edificación. Existe neste lugar unha pedra con forma de cadeira da que se conta que San Nomedio se sentaba a charlar cos seus irmáns. O día 7 de agosto celébrase unha romaría e relaciónase coa protección ás colleitas.

Dende algunhas das parroquias limítrofes organízanse andainas ata a romaría, incluso existen grupos de persoas que se desprazan ata a zona o día previo ao festexo. A festa prolóngase dende primeira

hora da mañá durante todo o día. Os actos acompáñanse de música tradicional, postos de comida e bebida, etc.

Conta a lenda que o San Nomedio era o maior de sete irmáns ós que lles correspondía un monte da contorna para cada un: San Fins, San Felipe, San Xulián, Santa Tegra, San Marcos e San Tomé. Ó morrer afogado San Telmo, os demais decidiron subir ó alto dun monte para vixiar e recuperar o seu corpo, onde hoxe existen as súas respectivas capelas. Tamén se di que esconde un “brazo de mar”, a máis de atribuírlle a posibilidade de ser o mítico Medulio.

CONCELLO

OFICINA DE TURISMO

Sitio implementado por GNOMIO SOLUCIONES WEB. Financiado pola DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA. PRIVACIDADE.