Concello das Neves

Veciñas e veciños da Communauté Des Communes de Sud-Retz Atlantique visitan As Neves

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

-Dende 2003 está unida co concello nevense, que mantén unha importante colonia de emigrantes, que xa teñen fillos e netos, en varios concellos desta rexión de Francia

38 veciños e veciñas da Communauté de Communes Sud-Retz Atlantique, en Francia, rexión que está irmandada coas Neves, visitaron o noso concello e estiveron aloxados en casas particulares.

Este irmanamento, asinado nas Neves en 2003 e ratificado en Francia en 2004, é unha mostra do especial vencello entre o noso concello e o país galo, ao que emigraron numerosas veciños das Neves durante boa parte da segunda metade do século pasado e no que existen importantes comunidades de nevenses que teñen fillos e netos nacidos Francia.

Os actos deste ano, organizados pola Asociación Cultural Amigos do Lura Atlántico Meridional, coa colaboración do Concello das Neves, a Deputación de Pontevedra e a Cámara Municipal de Melgaço, abrangueron numerosas actividades, que terán continuidade en 2024, cando veciños das Neves visiten Francia.

Os participantes viaxaron ata Ribadavia, estiveron no Museo do Viño e coñeceron Ourense; tamén acudiron, acompañados polo alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, á vila portuguesa de Melgaço, onde foron recibidos, xunto coas familias nevenses de acollida, polo presidente da Cámara Municipal, Manoel Batista, e puideron coñecer o Museo da Fronteira e o Museo do Cinema. Pola noite, asistiron ao concerto do grupo Caldo, na Adega Viña Nora.

Este sábado pasado, tivo lugar o acto oficial de bemvida, presidio polo alcalde, no Xardín do Miradoiro, que fora replantado no ano 2019 grazas á doazón de 1.500 euros e 9 árbores da especie ‘gimko’, por parte da Asociación des amis d’AsNeves e os concellos de Legé, Touvois e Corcoué sur Logne.

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email