Concello das Neves

Vintecatro comunicadores/as e xornalistas saharauís e toda Europa, reunidos/as en As Neves

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

Vintecatro escritores e xornalistas saharahuís, procedentes de distintos países europeos, están reunidos esta  de semana nas Neves na ‘V Asamblea da Liga de Xornalistas e Escritores Saharauis en Europa’.

Trátase dunha xuntanza na que avalían as iniciativas, accións e traballos realizados ata agora para trasladar a realidade das circunstancias nas que sobrevive a poboación saharahuí, e no que buscan o xeito de sensibilizar á opinión pública europea sobre a resistencia da derradeira colonia en África.

A das Neves é a xuntanza dos profesionais da información do continente europeo, iniciativa que terá continuidade os vindeiros meses en América Latina e tamén en Asia, segundo comentou o presidente da Unión de Xornalistas saharahuis, Nafii Ahmed Mohamed, presente hoxe nas Neves.

Inaugurada polo alcalde

Xosé Manuel Rodríguez Méndez, alcalde das Neves,inaugurou o sábado esta Asamblea, dando a benvida aos asistentes, amosando o recoñecemento ao seu traballo e agradecéndolles que escolleran As Neves para a esta cita.

O rexedor animounos a «romper o cerco mediático», imposto en moitos casos á realidade que viven os saharauís, e desexoulles acerto no seu cometido de «atopar como afrontar esta situación» e lograr que se abra paso «una comunicación sen límites que vos permita contar a vosa realidade e a vosa verdade».

Rodríguez Méndez apuntou que a cercanía das Neves a Portugal contribuirá a que o «eco mediático» desta asamblea e das circunstancias da xente do Sáhara, trascendan as fronterias de Galicia e do Estado español.

Momento clave

Este foro cobra especial importancia logo da última postura manifestada polo Goberno español sobre a resolución da situación do Sáhara, e a resposta de Nacións Unidas pedindo apoio para os esforzos do Enviado para o Sáhara, Staffan de Mistura, «destinados a reanudar o proceso político» de negociación entre as partes en conflito.

Neste sentido, a xornalista e activista polos dereitos humanos Fatma Galia Ali recoñeceu que «é un momento dificil para nós, sempre vimos a neutralidade do Estado e do Goberno español, que defendía a postura da ONU e a legalidade internacional, cambiou para defender a ‘vía marroquí’ da autonomía, é normal que o noso pobo estea enfadado e decepcionado,  que queiramos que se restablezca esa legalidade e que, logo de 46 anos poidamos decidir o noso futuro».

Galia Ali sinala que «as informacións que saen sobre o problema do Sáhara e a situación dos dereitos humanos nos campamentos, chegan con ‘contagotas’ e a opinión pública está desinformada e hai moita máis información manipulada que real». É por isto, engade a informadora, que «os xornalistas saharuís estamos reunidos para atopar o xeiro de contar a verdade sobre o noso pobo e rematar con este ‘apagón informativo  imposto á nosa causa e denunciar as violacións dos dereitos humanos que se produce nos territorios ocupados».

Estos dous días, participarán nesta asamblea o delegado do Sáhara en Galicia, Mohamed Mehdi Zerga, Maite Isla, presidenta de Solidariedade Galega co Pobo Saharahui ou Sidi Brahum, presidente da diáspora saharauí en España,  logo da intervención, por videoconferencia o representante do Frente Polisario para Europa, Ubbi Ubi Buchraya e o ministro do Sáhara para España, Abdulah Arabi.

Os participantes, aloxados no Hotel Nande, están a manter encontros con responsábeis públicos, representantes públicos, de entidades, ONGs e asociacións, así como con xornalistas galegos, para abrir canles que permitan mellorar a información e difusión da situación no Sáhara.

Clausura

A clausura do encontro, á que están invitados todas as alcaldesas e alcaldes da zona do Miño,  responsábeis do Fondo Galego de Cooperación e Solidaridedade, e do GDR Condado Paradanta, os membros do Intergrupo Paz e Liberdade para o pobo saharaui do Parlamento de Galicia, que estiveron recentemente nos campamentos, e un representante da Xunta de Galicia, será este domingo a partires das 14:00h.

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email