O Xeodestino Condado Paradanta presenta o venres, día 21 en Fitur o ‘Pasaporte ao Condado’, unha credencial con grandes vantaxes para o turista.
O circuíto trail, que complementa ao de BTT, será outro dos atractivos dos dez concellos, entre eles As Neves, que forman o Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Condado Paradanta e que estará presente un ano máis, e xa van cinco, na Feira Internacional de Turismo (Fitur) que se celebra en Madrid.
Ventaxes para os nosos visitantes
Será este venres, no stand de Turismo de Galicia, cando presente o seu particular Pasaporte ao Condado Paradanta do cal xa se esgotaron as mil unidades editadas, de aí o lanzamento dunha segunda edición na que se ampliará tanto as empresas participantes como os beneficios para os posuidores do mesmo, ben sexan turistas, visitantes ou a veciñanza que consumen e gozar do turismo e os recursos do territorio, e é que a iniciativa ten como misión atraer e fidelizar tanto a chegada de persoas de fóra da comarca como manter como clientes aos propios veciños.
Turismo deportivo e oferta enogastronómica
Por outra banda, e continuando coa aposta polo turismo deportivo, logo de que na pasada edición se presentase o centro de BTT, agora o GDR Condado Paradanta promocionará neste encontro de turismo internacional o circuíto de trail.
Por suposto, haberá tamén mención á oferta enogastronómica e ás festas de interese turístico coas que conta o territorio.