Concello das Neves

O alcalde das Neves participa na sinatura dunha nova proposta sobre Cooperación Transfronteiriza España-Portugal

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

Xosé Manuel Rodríguez, alcalde das Neves, participa este martes en Tui, xunto coa presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, o presidente do CIM Alto Miño, Manoel Batista, quince alcaldes e alcaldesas doutros tantos concellos galegos e dez presidentas das cámaras municipais portuguesas que conforman o AECT Río Miño, na sinatura dunha proposta para o Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal.

A Deputación,  AECT Río Miño e a Comunidade Intermunicipal do Alto Minho, teñen presentado xa un Documento Técnico onde se identifican os seus puntos críticos e as respectivas reivindicacións para os territorios fronteirizos, en particular para entre o Alto Minho Portugués e o sur de Pontevedra.

 

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email