Concello das Neves

Todo o programa de actividades da XXIX Feira do Requeixo e do Mel das Neves

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

Este 2022, As Neves recupera o ‘formato habitual’ da feira e organiza diferentes actos ao longo dos días previos. O primeiro deles foi o pasado 29 de marzo: o  ‘Concurso de Receitas con Requeixo’, no obradoiro do centro EFA A Cancela.

Mércores 6: Requeixo Miúdo 

A programación continúa este mércores  6 de abril, as 12:00h. co ‘Requeixo Miúdo’, actividade educativa con requeixo e mel, no CEIP Marquesa do Pazo da Mercé.

Venres, 8: O requeixo como produto galego de artesanía alimentaria

Xornada Técnica impartida pola Axencia Galega de Calidade Alimentaria, que terá lugar na Casa da Auga, en Vide, ás 10:30 h.

Sábado, 9: IV TTR As Neves Vila do Requeixo e Mel

Campionato de bádminton nas categorías  Absoluta e Sub-11, ás 10:00h. no Pavillón Municipal.

Domingo 10, Andaina do Requeixo

O domingo teremos a ‘Andaina do Requeixo e do Mel’, con saída ás 09:30h. dende a Praza do Concello e ás  10:30h. dende a casa do forestal de San Xosé de Ribarteme. Finalización , con degustación de requeixo. Haberá autobús de volta. Importante: Prazas limitadas. Inscrición Previa. Organiza ACD Sanomedio.

Mércores 13, Showcooking con Requeixo e Mel

Showcooking a cargo do Chef  Ruli Ribeiro, no obradoiro da EFA A Cancela. Prazas limitadas. Inscrición previa en bit.ly/requeixo2022 .


PROGRAMA DA FEIRA

Venres, día 15

Comezará coa apertura da feira ás 11:00h; Animación musical, con ‘O cego na feira’, ás 11:15h.; seguirá a recepción na Casa do Concello, ás 11:30h.;

Ás 12:00h. Iñaki Bretal, integrante do Grupo Nove, chef do Restaurante O Eirado da Leña, galardoado cunha Estrela Michelín, será o encargado do ‘Pregón Gastronómico’e da entrega dos premios do Concurso de Receitas con Requeixo. Ás 14:00h., ‘O cego na feira’, animación musical.

Pola tarde, dende as 16:30h. ábrese o momento dos máis pequenos, con ‘A máquina do tempo’, actuación a cargo de Teatro Ghazafelhos; de 17 a 20:00h.seguirán distintas actividades na Casa da Xuventude, ademáis, ese venres  estará aberto un espazo infantil permanente.

Xa pola noite, ás 21:00h. concerto na Praza Maior, a cargo da Guadi Galego, dentro do Programa Musigal da Deputación de Pontevedra.

Sábado, 16

Ás 11:00h. apertura da feira; ás 11:30h. Xornada técnica sobre o mel, impartida por Alfonso González. Será no Mercado Municipal, as prazas son limitadas e será precisa inscrición previa en bit.ly/requeixo2022 .

Xa ás 13:00h. o tradicional ‘Vermú musical’ na Praza Maior, coa Coral Santa Mariña, das Neves; ás 17:00h, Concerto no mesmo lugar, a cargo de Paraíso Canto e ás 19:00h. Clausura da Feira.

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email