Concello das Neves

Estudantes do IES Pazo da Mercé, da man de ‘Ayuda en Acción’ fan do proxecto ‘As Neves Verde Autóctono’ un referente en todo o Estado

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

O alumnado do Consello Climático Xuvenil do IES Pazo da Mercé das Neves desenvolveron este luns unha actividade deportiva no medio natural do río Miño .

Durante a mañá recoñeceron diferentes especies autóctonas de ribeira para comprender e valorar este ecosistema e o seu papel ecolóxico, ademais de analizar a súa importancia como barreira natural contra os lumes, coma os que tiveron lugar nesta zona no ano 2017.

Esta actividade pretende unha maior toma de contacto coa realidade e que a mocidade pase a acción na loita polo coidado do planeta e está enmarcada dentro do proxecto «As Neves verde autóctono», que foi seleccionado, entre máis de 50 de toda España, pola organización Ayuda en Acción, como gañador das subvencións 1Planet4All, financiado ola Unión Europea.

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email