Concello das Neves

As Neves aumenta a reciclaxe e reduce a contaminación, pasado un ano da municipalización do Servizo de Recollida de Envases de Plástico

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email
Xa pasou un ano dende que o Concello das Neves municipalizara o Servizo de Recollida de envases de plástico (colector amarelo) e asumise directamente a xestión do mesmo, que ata daquela prestaba a empresa privada Urbaser.

O concelleiro responsable de Limpeza e Medio Ambiente e segundo tenente de alcalde, Óscar González, lembra que nos últimos anos a dotación de contedores, a mellora das frecuencias, a concienciación e o Plan Revitaliza triplicaron as toneladas de envases recollidas.

Así, no ano 2015 foron tan só 15 toneladas, no 2021 o total achegouse ás 55 toneladas e no pasado 2022, xa baixo a xestión do Goberno municipal, recolléronse algo máis de 54 toneladas de envases plásticos, o que supón un dato «moi positivo, dado que ao mesmo que tempo que reduciuse o consumo deste tipo de recipientes, o cal supón un descenso no índice que contaminación, tamén diminuiu o peso nos colectores verdes«.

Decidir en función das necesidades 

González, valora moi positivamente a prestación deste servizo con persoal propio xa que «permítenos tomar decisións en función das necesidades, aproveitar mellor os medios, aumentar as frecuencias e, incluso, recibir ingresos pola valorización dos plásticos».

Esta nova xestión de residuos, engade o segundo tenente de alcalde, «é un eixe fundamental da área de medio ambiente». Así, o Plan Revitaliza implantou a compostaxe individual e comunitario e, «en breve, comezaremos de novo visitas as vivendas».

A elo hai que sumar que recentemente púxose en marcha o programa de préstamo de biotrituradoras; o punto limpo é agora un lugar con valor, no que se reciben voluminosos e os residuos autorizados para ser valorizados, «algo que nada ten que ver coa imaxe vergoñenta de hai 8 anos baixo a xestión doutros gobernos locais».
Facebook
Twitter
WhatsApp
Email