As persoas interesadas en poñer un posto na ‘XXX Feira do Requeixo e do Mel’ que se celebrará nas Neves os vindeiros días 7 e 8 de abril, xa poden solicitalos.
Os trámites e condicións para os mesmos son:
Realizar a solicitude do posto, incluíndo a documentación da actividade económica, e o pago do prezo público ata o 31 de marzo.
Modelo de Solicitude
**Ollo! Non se pode solicitar carpa exterior cuberta.
Unha vez analizadas todas as solicitudes e documentación confirmarase o posto ou non e a súa localización. Isto realizarase como moi tarde o día 4 de abril.