O concelleiro responsable de Limpeza e Medio Ambiente e segundo tenente de alcalde, Óscar González, lembra que nos últimos anos a dotación de contedores, a mellora das frecuencias, a concienciación e o Plan Revitaliza triplicaron as toneladas de envases recollidas.

Decidir en función das necesidades
González, valora moi positivamente a prestación deste servizo con persoal propio xa que «permítenos tomar decisións en función das necesidades, aproveitar mellor os medios, aumentar as frecuencias e, incluso, recibir ingresos pola valorización dos plásticos».
Esta nova xestión de residuos, engade o segundo tenente de alcalde, «é un eixe fundamental da área de medio ambiente». Así, o Plan Revitaliza implantou a compostaxe individual e comunitario e, «en breve, comezaremos de novo visitas as vivendas».