O Concello das Neves convoca, por terceiro ano consecutivo, as subvencións ás traídas de augas para obras de mellora e acondicionamento das súas instalacións. Este 2023, a cantidade destinada ás mesmas é de 20.000 euros para a contratación de obras, adquisición de materiais, man de obra ou equipamentos, asociados a melloras na captación de augas (fontes e pozos e o seu entorno); sistemas de almacenamento e potabilización; rede de distribución da auga (extensión ou mellora nas redes de distribución) e melloras nas instalacións (conexións eléctricas, sistemas de bombero ou peches de seguridade).
En 2022, a subvención entregada aos representantes das distintas traidas, destinouse á renovación de tramos das redes principais de distribución de auga. As cantidades que percibiron sumáronse aos máis de 100.000 euros que o Concello investiu os últimos anos nas melloras de instalacións e subministros, prevención das secas e eficiencia no consumo.
Documentos coas normas para a solicitude e formularios a presentar
Comunidades de Augas Solicitude Subvención (Formulario 1)