Concello das Neves

O Concello das Neves lanza a contratación dun peón forestal (subvención APROL)

Proceso de contratación laboral temporal dunha persoa desempregada, ao abeiro da orde de 9 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 22 do 1 de febreiro de 2023.), da Consellería de Emprego e Igualdade para o fomneto do emprego no medio rural (APROL rural) Documentos do proceso: Bases de selección Data e hora da proba práctica … Leer más

O Pleno do Concello aproba por unanimidade esixir á Xunta á mellora do acceso a Setados para acabar cos seus graves problemas de seguridade

O Pleno do Concello aprobou, co voto unánime de todas a súas concelleiras e concelleiros, esixir á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade que execute, de inmediato, o proxecto de «Mellora da intersección do kilómetro 9+980 da estrada PO-400»- o cruce de Setados – para resolver os «graves problemas de seguridade viaria que padece a parroquia … Leer más

En proceso, traballos de ‘bacheo’ e retirada de raíces en todas as parroquias

Continúan en todo o concello os traballos de bacheo e retirada de raíces, iniciados a principio de ano e con cargo ao Plan Concellos 2022 da Deputación de Pontevedra. Traballos de conservación de vías Durante o ano pasado, os servizos municipais realizaron obras de reasfaltado e eliminación de fochancas en máis de 20 quilómetros de … Leer más

O alcalde volve a esixir á Xunta de Galicia que actúe xa, «coa máxima urxencia», no cruce de Setados, logo de producirse outro accidente

O alcalde esixiu, de novo, á Xunta de Galicia a que actúe xa, de xeito urxente, e acometa xa a reforma do cruce de acceso á parroquia de Setados. Xosé Manuel Rodríguez subliña que o Goberno municipal leva «8 longos anos» instando á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade a que faga unha obra que é … Leer más

O Concello das Neves recibirá 800.000 euros polo dereito de aproveitamento da PLISAN

O Concello das Neves percibirá, antes de que remate o verán, 800.000 euros procedentes da ‘monetarización’ dos terreos da Plataforma Salvaterra-As Neves (PLISAN), que conta, actualmente, con 1 millón de metros cadrados no termo municipal nevense. A aprobación do pago desta cantidade, que corresponde ao dereito de aproveitamento dos terreos asignados á Plataforma Loxística, foi … Leer más

Remata a mellora da vía entre a Área recreativa de Chan de Vide e a PO-400

O Concello vén de rematar a senda para peóns e o repintado da vía entre a área recreativa de Chan de Vide e a estrada PO-400. Enlazan zonas de lecer, vivendas, escola e o supermercado da parroquia. Os traballos comezaran a finais do mes de marzo e abranguen a limpeza da beiravía,  a sinalización horizontal … Leer más

Subvencións a asociacións para actividades culturais, deportivas, comerciais, sociais e extraescolares

O Concello pon marcha as subvencións a asociacións para actividades culturais, deportivas, comerciais, sociais e extraescolares. Documentos coas normas para a solicitude e formularios a presentar 1️⃣ ACTIVIDADES CULTURAIS Bases da subvención Anuncio no BOPPO Solicitude de subvención (Formulario 1) Certificado do acordo de solicitude, nomeamento de representante e número de socios (Formulario 2) 2️⃣ ACTIVIDADES DEPORTIVAS … Leer más

Subvencións para as traídas de auga veciñais 2023

O Concello das Neves convoca, por terceiro ano consecutivo, as subvencións ás traídas de augas para obras de mellora e acondicionamento das súas instalacións. Este 2023, a cantidade destinada ás mesmas é de 20.000 euros para a contratación de obras, adquisición de materiais, man de obra ou equipamentos, asociados a melloras na captación de augas … Leer más

O Concello acomete a reforma da antiga Escola da Estación

O Goberno local iniciará a reforma da antiga Escola da Estación. Así transmitíronllo aos veciños e veciñas o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez, o primeiro tenente de alcalde, Marcelino Couto, e a concelleira de Culrura, Rocío Barreiro, nunha xuntanza mantida a semana pasada. As obras, que contarán cun orzamento de 42.000€, integramente procedentes do ‘Plan Concellos … Leer más