Concello das Neves

COMUNICADO REFERENTE AO CAMPUS DEPORTIVO

Estimados veciños e veciñas, Lamentamos comunicar que non se poderá levar a cabo o campamento deportivo programado, xa que non conseguimos reunir o mínimo esixible de 10 persoas para a súa realización. Agradecemos o seu interese e comprensión.

PRAZO DE RESERVA PARA O CAMPUS DEPORTIVO

ABERTO, DENDE MAÑÁ, O PRAZO DE RESERVA PARA A O CAMPUS DEPORTIVODende o martes 25, e ata o vindeiro 2 de xullo (ambos incluidos) está aberto o prazo de solicitude de reserva da praza para a «Campus deportivo » As familias interesadas deberán presentar por medios telemáticos a ficha de inscrición xunto coa seguinte documentación: … Leer más

Aberto Prazo de Inscrición para o programa «Exercicios Saudables para Maiores»

Dende hoxe venres, día 8 de setembro de 2023, ata o venres 22 de setembro de 2023, estará aberto o prazo de inscrición para os veciños/as maiores de 65 anos que queiran participar nos exercícios saudables para maiores, unha actividade organizada de outubro de 2023 a xuño de 2024, nas seguintes parroquias: As Neves San … Leer más

Subvencións a asociacións para actividades culturais, deportivas, comerciais, sociais e extraescolares

O Concello pon marcha as subvencións a asociacións para actividades culturais, deportivas, comerciais, sociais e extraescolares. Documentos coas normas para a solicitude e formularios a presentar 1️⃣ ACTIVIDADES CULTURAIS Bases da subvención Anuncio no BOPPO Solicitude de subvención (Formulario 1) Certificado do acordo de solicitude, nomeamento de representante e número de socios (Formulario 2) 2️⃣ ACTIVIDADES DEPORTIVAS … Leer más

O Goberno local informa aos responsables dos clubes de Fútbol Sala e Bádminton das Neves das reformas no Pavillón Municipal

O alcalde, o concelleiro de Deportes e segundo tenente de alcalde, Óscar González, e a concelleira de Cultura e Mocidade, Rocío Barreiro, mantiveron unha xuntanza cos responsables do Clube Fútbol Sala As Neves, Víctor M. López,  e do Clube de Bádminton das Neves, Pablo Méndez, para informarlles das reformas no Pavillón Municipal, que plantexa o … Leer más

En funcionamento os parques biosaudables de Vide e San Cibrán de Ribarteme

Dende este martes, xa están abertos os parques saudables de Vide e San Cibrán de Ribarteme. Onte o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez, o concelleiro de Deportes e segundo tenente e alcalde, Óscar González, e a concelleira de Servizos Sociais, Pilar González Casas, acompañaron ao monitor que amosou ás veciñas e veciños como utilizar correctamente os … Leer más

Novos espazos biosaudables en Vide e San Cibrán

As escolas unitarias de Vide e San Cibrán contarán con novos espazos biosaudables, tal e como informou o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez, ás veciñas e veciños. Os mesmos, nos que investiranse 39.000€ procedentes do Plan Concellos, da Deputación de Pontevedra, teñen coma obxectivo a mellora da saúde das persoas adultas, mediante a práctica de exercicio … Leer más

O alcalde e o concelleiro de Deporte expoñen á Xunta a necesidade dunha reforma urxente do Pavillón das Neves

O alcalde, Xosé Manuel Rodríguez, xunto co concelleiro de Deportes e segundo tenente de alcalde, Óscar González, e Pablo Méndez, representante do Club de Bádminton das Neves, mantiveron unha xuntanza, en Santiago, co secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa. Goteiras e humidade Na mesma expuxéronlle ao secretario xeral … Leer más