Concello das Neves

O Goberno local aprobará unha ‘Liña de Emerxencia’ duns 100.000 euros para facer fronte ás reparacións dos danos do temporal

O Goberno local aprobará unha ‘Liña de Emerxencia’ dotada cuns 100.000 euros, para facer fronte aos traballos de reparación dos múltiples danos causados polo pasado temporal en todo o concello das Neves. Estes traballos súmanse aos xa realizados, e aos que aínda se están a facer, dende o pasado día 31, por persoal municipal, coordenado … Leer más

Aberto o prazo para solicitar axudas para o alugueiro de vivenda

Xa está aberto o prazo o Programa de axuda ao alugueiro de vivenda do ‘Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025’ que ten por obxeto facilitar o acceso e permencia nunha vivenda en récime de aluguer, a sectores da poboación con poucos medios económicos. Quenes poden beneficiarse? Aquelas persoas que cumpran os seguintes requisitos: … Leer más

O Concello traballa para devolver a normalidade ás zonas castigadas polo temporal

Inundacións, desprendimentos, estradas e camiños cortados ou dificultades para circular, son algúns dos efectos do temporal de choiva e vento que chegou á súa intensidade máxima o día de fin de ano, e que causou danos en diferentes parroquias, os principias en Santa Eulalia de Batalláns, San Pedro de Batalláns e Taboexa e tamén en … Leer más

O Concello pon a disposición da veciñanza un Servizo de Préstamo de Biotrituradoras

O Concello das Neves, vai poñer a disposición da veciñanza un Servizo de Préstamo de Biotrituradoras que ten coma finalidade fomentar a correcta xestión dos residuos de orixe vexetal, xerados no ámbito municipal. 👆 Deste xeito, todas e todos estamos contribuíndo a evitar que estes residuos rematen no circuíto de recollida do lixo, cos conseguintes … Leer más

O Concello cede temporalmente unha casa a unha familia de 6 membros que vivía en situación extrema

O Goberno local das Neves vén de aprobar a cesión, por razóns excepcionais de carácter humanitario, e co informe favorable dos Servizos Sociais do Concello, dunha vivenda de titularidade municipal, situada na parroquia de Vide a unha familia sen recursos económicos e que non ten posibilidade algunha de acceder a un alugueiro. Vivían nunha situación … Leer más

Queremos coñecer a túa opinión, participa nesta enquisa!

A Agrupación Europea de Cooperación Territorial do Río Miño (AECT Río Miño) dá voz á cidadanía do territorio, do que forma parte o concello das Neves. Para facelo posible, 🫵 pedímoste que participes nesta enquisa 📝 que servira de axuda para deseñar as Axendas Urbanas Transfronteirizas ❓ ✅ O obxectivo é pensar solucións conxuntas para afrontar os … Leer más

Abre o prazo de inscrición para a actividade ‘Compartindo Xuntas’

Ábrese o prazo de inscrición para as veciñas que queiran participar na actividade  “Compartindo Xuntas”,  de xaneiro a xullo do 2023. Trátase de actividades grupais de memoria, manualidades, grupos de conversa e xogos, para pasalo ben e tecer lazos entre veciñas dentro do programa exercicios saudables. A Inscrición pode facerse en: Servizos Sociais Sede electrónica … Leer más

Novos espazos biosaudables en Vide e San Cibrán

As escolas unitarias de Vide e San Cibrán contarán con novos espazos biosaudables, tal e como informou o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez, ás veciñas e veciños. Os mesmos, nos que investiranse 39.000€ procedentes do Plan Concellos, da Deputación de Pontevedra, teñen coma obxectivo a mellora da saúde das persoas adultas, mediante a práctica de exercicio … Leer más

As Neves é xa un dos cinco concellos que integran o proxecto ‘Hub’ contra a fenda dixital

As Neves  é un dos cinco concellos que participarán no proxecto piloto ‘Hub para a loita contra a fenda dixital e a soidade non desexada no medio rural da provincia de Pontevedra’. Desenrolado pola Deputación de Pontevedra durante 2023 e 2024, terá un orzamento de 500.000 euros, deles 280.000 € do Ministerio para a Transición … Leer más

Programa de actividades de Nadal nas Neves

Este sábado, 3 de decembro, ás 6 da tarde, acéndese o alumeado de Nadal das Neves e da comezo unha programación, con distintas actividades, que durará ata o 7 de xaneiro de 2023. Neses días haberá tempo para a música, o deporte, diferentes obradoiros, lecer e, por suposto, citas imprescindibles como a Cabalgata de Reis … Leer más