Concello das Neves

Elaboración de estudos técnicos relativos á xestión e prevención de residuos municipais

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

A Deputación de Pontevedra, concedeu unha subvención ao concello das Neves, por importe de 9.000 €, ao abeiro das “Bases reguladoras da convocatoria de subvencións para a elaboración de estudos técnicos relativos á xestión e prevención de residuos municipais” (convocatoria Boppo núm. 201 do 19/10/2021).

 

      

O obxectivo da subvención concedida, foi a redacción dos seguintes documentos relacionados entre si:

  • Estudo técnico de xestión e prevención de residuos municipais, no que se integra un estudo económico da solución ou solucións propostas que sirva de base para a futura ordenanza fiscal.

  • Documento relativo á adaptación da ordenanza-modelo de xestión de residuos redactada polo Revitaliza ás condicións de cada un do concello e ás solucións do estudo técnico de xestión e prevención de residuos.

  • Documento relativo á adaptación da ordenanza-modelo fiscal redactada polo Revitaliza ás condicións ao concello e ás solucións do estudo técnico de xestión e prevención de residuos.

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email