Concello das Neves

En funcionamento os parques biosaudables de Vide e San Cibrán de Ribarteme

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

Dende este martes, xa están abertos os parques saudables de Vide e San Cibrán de Ribarteme. Onte o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez, o concelleiro de Deportes e segundo tenente e alcalde, Óscar González, e a concelleira de Servizos Sociais, Pilar González Casas, acompañaron ao monitor que amosou ás veciñas e veciños como utilizar correctamente os elementos destes parques, para obter o mellor rendemento nos exercicios de mantemento e evitar lesións.

San Cibrán

O parque de San Cibrán conta con bicicleta estática, que axuda a fortalecer as pernas; máquina de remo, que mellora a capacidade pulmonar e a musculatura; volante, para traballar a flexibilidade das articulacións de ombreiros, clavículas, cóbados e bonecas, e escaladora, que aumenta e mellora a función cardiopulmonar. Ademais, nos vindeiros días quedará rematada a renovación dos xogos do parque infantil, que está no mesmo lugar.

Vide

Polo que se refire ao parque de Vide, dispón dos devanditos aparellos de ximnasia e un máis: para a extensión de pernas, que permite reforzar cuadríceps, xemelgos, glúteos e músculos abdominais.

Neste lugar, ademais realizouse un traballo de mantemento, limpeza e pintado da escola, dende o soportal e escaleiras de acceso, pasando pola modificación da entrada de auga ás vivendas. Tamén se renovaron todos os compoñenentes do parque infantil, que son moito máis seguros e divertidos e permiten o desenrolo físico e cognitivo das nenas e nenos.

En conxunto, a inversión nas dúas obras achegouse aos 40.000 euros, integramente procedentes do Plan Concellos 2022-2023 da Deputación de Pontevedra.

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email