Concello das Neves

Novos espazos biosaudables en Vide e San Cibrán

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

As escolas unitarias de Vide e San Cibrán contarán con novos espazos biosaudables, tal e como informou o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez, ás veciñas e veciños.

Os mesmos, nos que investiranse 39.000€ procedentes do Plan Concellos, da Deputación de Pontevedra, teñen coma obxectivo a mellora da saúde das persoas adultas, mediante a práctica de exercicio e contribúen a que nos manteñamos activos, contribuindo ao benestar e a ter unha boa condición física.

Aparellos

Contarán con rodas para hombreiros; discos xiratorios, para traballar a musculatura, articulación do pulso, antebrazos e cóbados; ascensor, para mellorar a forza nos brazos empregando o peso do corpo; cabalo, que fortalece as extremidades superiores e inferiores, abdome y as costas; ski, para a cintura e abdome, moi recomendable para previr dores nos cadrís ou  andadeiro, facilita un exercicio perfecto a nivel cardiovascular e muscular, principalmente mediante o traballo coas pernas.

Todos estes exercicios axudan a ter un bo estado físico en xeral, baixar de peso, ao control da hipertensión, á aumentar a forza nos brazos e pernas e a  mellorar a flexibilidade.

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email