Concello das Neves

O Concello das Neves inicia a contratación temporal de 13 persoas

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

O Concello das Neves iniciará o proceso de contratación temporal de 13 persoas, ao abeiro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

A subvención concedida pola Deputación Provincial de Pontevedra ao abeiro do plan de obras e servizos Plan Concellos 2022-2023, correspondente á liña 3: emprego para conservación e funcionamento de bens e servizos municipais ascende ao importe de: 120.250,02 €.

Este ano contrataránse persoas por unha duración máxima de 6 meses, ao estar límitado o tempo máximo pola reforma laboral, e os postos ofertados son:

  • 3 peóns de obras públicas. Código CNO 96011029*
  • 2 Fontaneiros. Código CNO 72211012
  • 1 Condutor operador de máquinaria. Código CNO 83221013
  • 4 Peóns forestais. Código CNO 95431028
  • 2 Peóns de recollida do lixo. Código CNO 94411010
  • 1 Conserxe. Código CNO 58331022

*(Os códigos que aparecen xunto ás ofertas serven para que as persoas que queiran optar a estes traballos estean inscritas nas Oficinas de Emprego (antigo INEM) axeitadamente).
Todos estes postos estarán contratados antes do final do mes de marzo, xa que asi o permite a nova norma laboral.

Segundo o Concelleiro responsable de Persoal, Oscar González, «os concellos imos ter dificultades para a prestación dos servizos xa que a chamada reforma laboral limita a contratación temporal cando tamén está limitada a contratación fixa nas administracións».
Dende As Neves solicítase ao Goberno do Estado a eliminación da taxa de reposición e por tanto a posibilidade de iniciar procesos de selección de persoal fixo, que é preciso estructuralmente neste e na maioría dos Concellos.

Documentos do proceso selectivo:
BASES PLAN CONCELLOS 2022 LIÑA 3
Anexo 1
Anexo 2
Anexo 3
Os horarios poden consultarse aquí: PUBLICACIÓN DATA E HORA DE CELEBRACIÓN PROBAS OU ENTREVISTA, SELECCIÓN PERSOAL CONTRATADO AO ABEIRO DO PLAN CONCELLOS 2022

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email