Concello das Neves

O Concello remata as obras do Mercado municipal na metade do tempo previsto

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

O pasado luns pechouse a zona de venta de pescado do Mercado Municipal para realizar uns traballos de mellora, que estaba previsto que durasen dúas semanas. A día de hoxe xa están rematados.

Estas obras, ás que o Concello destiñou preto de 30.000 euros, eran  indispensábeis para adaptar o Mercado das Neves ás normas  hixiénico-sanitarias ditadas pola Xunta de Galicia en relación cos mercados de abastos.

Nestes días, retirouse o chan para colocar outro novo; fixéronse traballos de albanelaría na parede da parte posterior; reformouse a zona de almacenaxe, levouse a cabo a reparación dos azulexospintado, e substituiuse a porta por unha nova.

O Concello mantén o prezo dos postos: 20 euros ao mes

Antes do comezo das obras, o alcalde reuniuse coas e cos profesionais aos que máis afectaba este período de obras que, finalmente só impediron que vendesen un día no Mercado e non dous, como estaba previsto nun principio.

Ademáis, Xosé Manuel Rodríguez transmitiulles que o Concello manterá este ano o prezo da concesión, de 20 euros ao mes, que están a pagar polo uso do posto na praza de abastos, un alugueiro que inclúe luz, auga, limpeza e, dende hoxe un espazo renovado.

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email