Concello das Neves

O Concello tramitou más de 400 denuncias presentadas polos veciños por terreos sen limpar

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

O Concello das Neves comunicou aos propietarios de máis de 1.000 fincas que teñen que telas rozadas antes do 31 de maio para reducir ao mínimo o risco de incendios. Ademais, tramitou máis de 400 denuncias presentadas por veciñas e veciños por terreos con maleza, que os seus donos non limpan.

«Todas as denuncias presentadas están tramitadas», sinala o alcalde, quen insiste na necesidade de desbrozar fincas terreos e leiras para evitar, todo o que sexa posible,  que no caso de declarase un lume este se propague facilitando, ao mesmo tempo, o traballo dos servizos contra incendios.

Xosé Manuel Rodríguez Méndez agradece as reclamacións por falla de limpeza que presentan os veciños que, comenta, axudan a que o Concello poida actuar con rapidez para identificar e localizar aos propietarios e comunicarlles oficialmente que teñen que limpar.

Apercibido o propietario, terá un prazo de 15 días para levar a cabo o desbroce e, de non ser así, realizarase a liquidación provisional do que vai custar a execución forzosa dos traballos de limpeza- sen prexuízo da liquidación definitiva-. Neste sentido, se o custo da limpeza da parcela supera o seu valor catastral, será posible proceder á expropiación da mesma.

‘Faixas de protección’

A estas reclamacións súmanse as medidas que tomou o Goberno local para esixir que se actúe nas ‘faixas de protección’ contra o lume en chan rústico, urbanizble e de núcleo rural. As mesmas, delimitan 50 metros libres de matogueira, pino e eucalipto arredor de vivendas e núcleos de poboación.

A normativa establece que casos de que non sexa posible identificar aos donos ou estes se neguen a limpar, o Concello procederá á execución forzosa dos traballos e a Xunta iniciará o procedemento sancionador. Precisamente, lembra Xosé Manuel Rodríguez, corresponde á Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos (SEAGA),  vixiar o cumprimento das ‘faixas de protección’ arredor das vías de comunicación, algo que ten unha importancia fundamental para evitar a propagación dos incendios e que os lumes impidan a circulación por estrada.

Xunta

O alcalde subliña a responsabilidade da Xunta de Galicia neste proceso e lembra que, pese á inistencia do Goberno municipal, SEAGA non traballa nas Neves dende finais de xaneiro. Rodríguez, demanda a esta sociedade e á Consellería de Medio Rural, da que depende, que cumpran cos compromisos acadados co Concello e cos acordos asinados con veciños de As Neves, Tortoreos e Liñares para a limpeza das súas leiras por un ‘prezo especial’ de 35€ cada 1.000 m2. Estas parcelas suman, en conxunto, unhas 20 hectáreas .

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email