Este venres, 18 de novembro, ás 21:00h. na ‘Casa da Música -Centro Cultural de Rubiós’, terá lugar a actividade ‘Onde foron os que se marcharon?’
Coa mesma preténdese afrontar a despoboación do territorio das Neves dende a perspectivas das persoas e os seus vínvulos culturais coa terra.
Mapa da ‘diáspora’
Así, nun obradoiro, crearemos, de xeito colaborativo, un mapa dixital que conecte o noso concello cos lugares nos que viven agora os nevenses que tiveron que marchar. A intención é que una os distintos orixes -as casas, as parroquias- cos
concellos, cidades ou países aos que se mudaron esas persoas que coñecemos, a veciñanza que marchou.
Co mapa na man, trataremos de descubrir os motivos polos que tiveron que marchar ( laborais, de estudos ou familiares…) e reflexionaremos sobre as posibilidades de que retornen a vivir en As Neves.
O resultado será un mapa en árbore que cose As Neves co mundo que o rodea, un mapa vivo que nos fala das persoas que teñen un vínculo emocional co noso concello, de como traer de volta aos nosos veciños e veciñas.
#vivenasneves
Esta actividade forma parte do programa #vivenasneves, unha iniciativa impulsada dende o Concello para axudar a repoboar o territorio afrontando, dende o traballo cas persoas, os desafíos propios do reto demográfico.