Concello das Neves

Subvencións a clubes deportivos que participan en competicións de ámbito estatal en 2022

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

A Deputación de Pontevedra convoca as subvencións para os clubs deportivos da provincia que participan en competicións de ámbito estatal para o ano 2022.

Obxecto

O obxecto desta convocatoria é fixar as bases reguladoras das subvencións a clubs deportivos da provincia de Pontevedra que participen con algún equipo en competicións oficiais de ámbito estatal.

Financiamento

A concesión das subvencións estará suxeita á dispoñibilidade orzamentaria e convocarase con cargo á aplicación 22/340.3410.489.20 do Orzamento da Deputación para o ano 2022 por un importe total de oitocentos mil (800.000,00) euros.

Cuantías

Atletismo 24.000€; Baloncesto 140.000€; Balonmán 215.000€; Ciclismo 70.000€; Fútbol 140.000€;  Fútbol sala 40.000 €;Tenis de mesa 30.000€; Voleibol 15.000€; Judo 16.000€ e Outras modalidades 110.000€

Entidades beneficiarias

Poderán ser beneficiarias desta convocatoria as entidades deportivas sen ánimo de lucro, legalmente constituídas e con domicilio fiscal na provincia de Pontevedra, que conten polo menos cun equipo rexistrado nalgunha das competicións oficiais de ámbito estatal.

Non poderán beneficiarse as entidades nas que concorra algunha das circunstancias previstas nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (LSG). A acreditación de non estar incursas nas devanditas prohibicións realizarase mediante a declaración responsable das entidades solicitantes; no caso das agrupacións, deberá presentarse unha declaración por cada unha das persoas ou entidades agrupadas.

Todas as entidades solicitantes deberán estar ao corrente das obrigas tributarias coa Axencia Estatal Tributaria, coa Facenda galega, coa Seguridade Social e coa Deputación de Pontevedra, e non ter obrigas ou incumprimentos pendentes, de calquera tipo e non só económicos, coa institución provincial.

Non poderán beneficiarse destas subvencións as entidades que teñan pendentes de xustificar axudas concedidas no exercicio anterior para o mesmo programa.

Condiciones, prazos e documentación

Podes consultalas e descargalas premendo aquí.

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email