Concello das Neves

Reaberto o tráfico no centro das Neves

Menos de 48 horas despois de cortar o tráfico para a montaxe da carpa e do resto dos elementos que formarán parte da Feira do Requeixo e da Mel, que terá lugar os días 15 e 16 deste mes de abril  e de aproveitar para realizar unha reparación na rúa, quedou reaberto ao tráfico o centro … Leer más

Aberto o novo aparcadoiro público do centro das Neves

Novo aparcadoiro As Neves

Dende este luns, está aberto o novo aparcadoiro público no centro do casco urbano, situado a carón da rúa Cruceiro, e que ten coma finalidade resolver a falta de estacionamentos  no propio centro e na contorna da rúa Entrecíns.

 

As obras do mesmo, desenrólanse nunha parcela que é a porcentaxe da parte pública da unidade de execución nº3 do Plan Xeral de Ordenación Municipal  (PXOM) das Neves.

En total, ten capacidade para 40 vehículos; unha superficie de 1.400 m2, e conta con saída a rúa Cruceiro, e a Circunvalación.