Concello das Neves

O Goberno local das Neves leva o xoves, día 30, a Pleno o Orzamento para 2022

O Goberno local das Neves presentará ao Pleno da Corporación, este vindeiro xoves, día 30 de decembro (19:00h.) para a súa aprobación, o Orzamento do Concello para o ano 2022. Como sucedera coas contas deste ano, a proposta reflicte a cohesión do Goberno, plasmada na elaboración en prazo do Orzamento, e con pleno acordo, tanto na … Leer más

Presentado o libro-USB ‘Meniños Cantores 2’

O pasado venres presentouse o libro-USB ‘Meniños Cantores 2′ que promove a Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas ondas! Coa asistencia do alumnado da Escola Infantil de Taboexa, xunto coa profesora Karina Mouriño, a portadora Marina Moldes, o membro do grupo A Roda Alfredo, e as concelleiras de Cultura e Ensino, Rocío Barreiro e Mª Pilar González Casas xunto con Xerardo Feijoo … Leer más

Avanzan as obras do novo aparcadoiro da rúa Cruceiro

As obras do novo aparcadoiro na rúa Cruceiro, que comezaron hace uns días, seguen adiante. Coa finalidade de xerar as menores molestias posibeis, este sábado pola mañá, o Concello levou a cabo traballos de pintura na rúa. Con este novo aparcadoiro o Goberno local quere resolver a falta de estacionamentos  na contorna da rúa Entrecíns.  As obras desenrólanse nunha parcela … Leer más

Melloras nas Escolas Unitarias de Rubiós e Taboexa

O Concello segue mellorando e mantendo as escolas unitarias. Recentemente, en Rubiós, colocáronse dous radiadores máis e, en Taboexa, realizouse a limpeza de humidades e pintado da cociña e da sala de xogos. Estes traballos súmanse aos realizados nos pasados seis anos, como os de 2020, coa colocación da nova calefacción nas aulas de Taboexa; a retirada das reixas … Leer más

Comeza a Programación de Nadal nas Neves

O Concello das Neves comeza este mércores a súa ‘Programación de Nadal’ que durará ata o vindeiro 6 de xaneiro de 2022 e que ten unha ampla proposta de actividades ao longo destas semanas. Do 15 de decembro ao 06 de xaneiro: Espazo de xogo infantil de Nadal na Praza Maior. Acceso libre. Venres, 17 decembro ás 17:00 h … Leer más

As Neves conta cun roupeiro para as persoas que o necesiten

Servizos Sociais, ofrece roupa e cueiros para maiores. O Concello das Neves, dende o departamento de Servizos Sociais,  lembran que as veciñas e veciños que o necesiten, teñen ao seu dispor roupa e cueiros para maiores. Indican que actualmente no roupeiro teñen roupa e calzado de muller, home, nenas e nenos, mozas e mozos, colchas, mantas, sabas, cortinas, artigos de bebé, mochilas, bolsos, bufandas, gorros e panos. Tamén se … Leer más

Logo de tres anos de esixencia do Concello, a Xunta decide reparar a pista da Caíña ao Pousadouro

Fixeron falla tres anos de esixencia do Concello das Neves para que, finalmenente, a Xunta decide reparar a pista da Caíña ao Pousadouro: a Dirección Xeral de Desenvolmento Rural logo do nomeamento da actual directora acolleu as reiteradas solicitudes do Goberno municipal. A vía quedara destrozada polo tránsito moi elevado de camións de gran tonelaxe para a retirada … Leer más

Melloras do asfalto de vías municipais

Nos vindeiros días pavimentaranse os camiños da Chan (Vide) e de Porteiró (Santa Eulalia de Batalláns). Os traballos consistirán no re-asfaltado de 2 tramos de camiños que suman uns 800 metros lineais con anchos de 4 e 5 metros segundo os casos. Haberá traballos complementarios de limpeza de caños, execución dun tramo de beiravía e dunha tajea ademais do pintado da … Leer más