Concello das Neves

Logo de tres anos de esixencia do Concello, a Xunta decide reparar a pista da Caíña ao Pousadouro

Fixeron falla tres anos de esixencia do Concello das Neves para que, finalmenente, a Xunta decide reparar a pista da Caíña ao Pousadouro: a Dirección Xeral de Desenvolmento Rural logo do nomeamento da actual directora acolleu as reiteradas solicitudes do Goberno municipal. A vía quedara destrozada polo tránsito moi elevado de camións de gran tonelaxe para a retirada … Leer más

Recuperación da contorna do río Xuliana

Hoxe, luns 25 de outubro, comezan os traballos de execución dun proxecto para recuperar e poñer en valor o patrimonio do antigo sendeiro que podería denominarse como “Ruta dos Muíños da Ribadeira”. Trátase dun tramo que conta con 13 muíños ao longo de 3,5 quilómetros polas marxes do nacemento do Río Xuliana. Os traballos, por … Leer más

Melloras do asfalto de vías municipais

Nos vindeiros días pavimentaranse os camiños da Chan (Vide) e de Porteiró (Santa Eulalia de Batalláns). Os traballos consistirán no re-asfaltado de 2 tramos de camiños que suman uns 800 metros lineais con anchos de 4 e 5 metros segundo os casos. Haberá traballos complementarios de limpeza de caños, execución dun tramo de beiravía e dunha tajea ademais do pintado da … Leer más

Licitación da explotación do bar e do servizo de limpeza dos vestiarios das piscinas municipais durante as tempadas de verán 2021-2022

O Concello das Neves pon en marcha o proceso de licitación para a contratación da explotación do bar ou cantina e a limpeza dos vestiarios das piscinas. Esta licitación será para as tempadas de verán dos anos 2021 e 2022. As persoas interesadas teñen a súa disposición na sede electrónica ou no Concello o prego de condicións no que se … Leer más

Liña 2 do Plan Concellos 2021 nas Neves

O Concello das Neves inviste a Liña 2 do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra nos seguintes programas: OBXECTO DA SUBVENCIÓN IMPORTE DA SUBVENCIÓN ViveNasNeves 2021 25.950,83 € AS NEVES, TERRITORIO HABITADO 2.057,00 € ACHEGA PARA A APORTACIÓN MUNICIPAL AO PROGRAMA “MUSIGAL” 3.630,00 € ACTUALIZACIÓN DA WEB MUNICIPAL 4.192,65 €

Activación da oficina de información turística

Logo do proceso de selección de persoal e o acondicionamento da instalación a oficina de información turística do Concello das Neves xa está activa. O Concello das Neves, foi beneficiario dunha subvención da Deputación de Pontevedra para o financiamento dos custos da dotación de persoal para a realización de tarefas de información en Oficinas de Turismo Adheridas á … Leer más

As Neves, en FITUR

Este xoves, como seguiron en direto as veciñas e veciños das Neves que seguiron a retransmisión nas redes sociais do Concello, o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez, estivo presente na Feira Internacional de Turismo (FITUR), en Madrid, en representación do ‘Xeodestino Condado Paradanta’, xunto con Marta Valcárcel, alcaldesa de Salvaterra de Miño. Recoñecemento á mellora de calidade turística Pola mañá … Leer más