Concello das Neves

O Concello das Neves contrata a 10 persoas desempregadas, a xornada completa, con cargo ao ‘Plan Concellos’ da Deputación de Pontevedra

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email

A Deputación de Pontevedra aprobou a concesión dunha subvención ao Concello das Neves, ao abeiro doPlan Concellos 2023′, Liña 3, para a activación do Emprego, por importe de 125.398,98 euros.

Con cargo aos mesmos o Concello das Neves contratará a 10 persoas desempregadas, a xornada completa durante o ano 2023:

Dous Fontaneiros, 6 meses, tres peóns forestais, dous peóns de obra públicas e un condutor/a operador/a de maquinaria, 8 meses; e 9 meses para os dous peóns de recollida de lixo

As persoas beneficiarias, tal como establecen as Bases Reguladoras publicadas no BOP núm.280 do 31/10/2022 , serán persoas desempregadas, inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia, como demandantes non ocupados e que estean dispoñibles para o emprego.

Características dos postos:

Mantemento de Infraestruturas e servizos municipais

2 Fontaneiros/as: 6 de meses de duración de contrato, a tempo completo (código CNO 72211012) .
3 Peóns forestais: 8 de meses de duración de contrato, a tempo completo
 (código CNO 95431028) .
2 Peóns de obras públicas: 8 de meses de duración de contrato, a tempo completo
 (código CNO 96011029).

Maquinaria e Vehículos municipais

1 Condutor/a operador/a de maquinaria: 8 de meses de duración de contrato, a tempo completo (código CNO 83221013).

Prestación de Servizos Públicos

2 Peóns de recollida de lixo: 9 meses de duración de contrato, a tempo completo (código CNO 94411010) .

 

Adxuntamos a seguinte documentación

Resultados da selección:

RESULTADO DA SELECCIÓN PARA DOUS POSTOS DE PEÓNS DE OBRAS

RESULTADO DA SELECCIÓN PARA TRES POSTOS DE PEÓNS FORESTAIS

RESULTADOS DA SELECCIÓN PARA 2 PEÓNS RECOLLIDA LIXO

RESULTADO DA SELECCIÓN PARA DOUS POSTOS DE CONDUCTOR OPERADOR DE MAQUINARIA

Facebook
Twitter
WhatsApp
Email