Concello das Neves

O Concello das Neves impulsa un polígono de viñedo e planta ornamental como proteción fronte aos incendios

O seu desenvolvemento encaixa no marco do proxecto europeo ‘Forvalue’, tal e como tratou este martes o alcalde coa directora xeral de AGADER, organismo dependente da Consellería de Medio Rural  O alcalde das Neves mantivo  unha reunión coa directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGDER), Inés Santé, na que, a petición do rexedor, … Leer más

En funcionamento a oficina para atender aos propietarios dos terreos da nova Aldea Modelo de A Porteliña

Tal e como comunicaron o Goberno local das Neves e a Xunta de Galicia aos propietarios das terras das parroquias de Tortoreos e Rubiós, na última reunión para avanzar na posta en marcha da nova aldea modelo da Porteliña, dende a semana pasada está aberta unha oficina na que persoal de Espoagro atende aos propietarios,para … Leer más

Reunión de posta en marcha da ‘Aldea Modelo

O vindeiro mércores, 9 de febreiro, ás 19:00 h terá lugar unha reunión técnica na Casa da Música/Centro Cultural de Rubiós para tratar o proxecto da ‘Aldea Modelo’. Convídase a participar ás persoas propietarias de terreos incluídos no perímetro (liña vermella do mapa da imaxe), situados nas parroquias de Rubiós e Tortoreos.