Concello das Neves

O Concello traballa para devolver a normalidade ás zonas castigadas polo temporal

Inundacións, desprendimentos, estradas e camiños cortados ou dificultades para circular, son algúns dos efectos do temporal de choiva e vento que chegou á súa intensidade máxima o día de fin de ano, e que causou danos en diferentes parroquias, os principias en Santa Eulalia de Batalláns, San Pedro de Batalláns e Taboexa e tamén en … Leer más

Restablecida a subministración de auga no Ravelo, logo da rotura dunha tubaxe da traída provocada polo afundimento dunha parada do autobús

As choivas caidas este días puideron axudar a que, literalmente, desaparecese unha parada do autobus no barrio do Ravelo, na parroquia de Tortoreos. O Concello recibiu o aviso de que a marquesiña estaba afundíndose e, pouco antes das 8 da mañá deste venres ‘desapereceu’ engulida por un burato do chan. Baixo o mesmo, os traballadores … Leer más

O Concello segue adiante coa rehabilitación de vivendas en As Neves, Setados, Estación, Santiago de Ribarteme, Vide, Tortoreos e San Xosé de Ribarteme

A Concellería de Servizos Sociais, dirfixida por Pilar González Casa, continúa coa rehabilitación de vivendas. Agora mesmo están facéndose obras en tres casas de a Estación, As Neves, Setados e Santiago de Ribarteme e rematáronse outras dúas en Tortoreos e San Xosé de Ribarteme. Recuperación Este proxecto, que neste 2022 abranguera un total de 7 … Leer más

Comezo das obras de ampliación da rede de saneamento en Tortoreos

O Concello vén de iniciar as obras de ampliación e conexión da rede de saneamento en Tortoreos, entre Silvares e a zona da ponte. As mesmas abranguen máis de 700 metros de rede con pozos de rexistro, unha parte por camiños públicos de terra e o último treito por vía asfaltada, ata conectar coa rede … Leer más

O Concello segue adiante co seu proxecto de mellora de infravivendas e actuará en 7 casas de cinco parroquias

-Mellorará as condicións de vida de veciñas e veciños de San Xosé de Ribarteme, Tortoreos, Estación, Santiago de Ribarteme, San Pedro de Batalláns, Setados e Vide O Concello das Neves segue adiante coa rehabilitación de vivendas e xa ten en marcha as obras en dúas casas máis, unha na parroquia de San Xosé de Ribarteme … Leer más

O alcalde mantivo unha reunión de traballo coa conselleira de Infraestruturas

Xosé Manuel Rodríguez plantexou a Ethel Vázquez a necesidade de mellorar o acceso á parroquia de Setados, no Carboeiro, tal e como reclaman os veciños dende hai máis dunha década O alcalde das Neves, mantivo unha reunión de traballo en Santiago coa conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, para tratar varios temas pendentes que … Leer más

Reunión de posta en marcha da ‘Aldea Modelo

O vindeiro mércores, 9 de febreiro, ás 19:00 h terá lugar unha reunión técnica na Casa da Música/Centro Cultural de Rubiós para tratar o proxecto da ‘Aldea Modelo’. Convídase a participar ás persoas propietarias de terreos incluídos no perímetro (liña vermella do mapa da imaxe), situados nas parroquias de Rubiós e Tortoreos.