Concello das Neves

As Neves avanza no seu ‘gran circuíto peonil’, recuperando espazo público para a cidadanía

A presidenta da Deputación de Pontevedra visitou este luns acompañada do alcalde, Xosé Manuel Rodríguez, o primeiro tenente de alcalde, Marcelino Couto, e o equipo de Goberno municipal, as  obras de recuperación do espazo público financiadas no centro urbano do concello a través dos plans extraordinarios da Deputación: a transformación da rúa Rosalía de Castro, … Leer más

As Neves, xunto con outros 12 concellos, urxe á Xunta a declaración de a zona de Emerxencia polos temporais

Alcaldesas e alcaldes de trece concellos do sur da provincia de Pontevedra afectados polas inundacións sufridas o pasado Nadal e Aninovo, urxen á Xunta de Galicia que declare o territorio como Zona de Emerxencia de Protección Civil e estableza medidas de apoio económico para asumir a rehabilitación dos municipios. Carta ao presidente da Xunta Xusto cando se cumpre un mes desta … Leer más

Resolto o 90% das incidencias comunicadas ao Concello mediante o servizo ‘Línea Verde’

O Goberno municipal amosa a súa satisfacción pola aceptación do servizo ‘Línea Verde’ que dende a súa posta en servizo nas Neves, acumula un crecemento exponencial no seu uso polas veciñas e veciños. Isto amosa una resposta axeitada á resolución de incidencias comunicadas ao Concello. Resolto o 90% das incidencias A día de hoxe, o … Leer más

O Goberno local aprobará unha ‘Liña de Emerxencia’ duns 100.000 euros para facer fronte ás reparacións dos danos do temporal

O Goberno local aprobará unha ‘Liña de Emerxencia’ dotada cuns 100.000 euros, para facer fronte aos traballos de reparación dos múltiples danos causados polo pasado temporal en todo o concello das Neves. Estes traballos súmanse aos xa realizados, e aos que aínda se están a facer, dende o pasado día 31, por persoal municipal, coordenado … Leer más

Restablecida a subministración de auga no Ravelo, logo da rotura dunha tubaxe da traída provocada polo afundimento dunha parada do autobús

As choivas caidas este días puideron axudar a que, literalmente, desaparecese unha parada do autobus no barrio do Ravelo, na parroquia de Tortoreos. O Concello recibiu o aviso de que a marquesiña estaba afundíndose e, pouco antes das 8 da mañá deste venres ‘desapereceu’ engulida por un burato do chan. Baixo o mesmo, os traballadores … Leer más

Os veciños que non poden conectarse á rede municipal de sumidoiros, dispoñen dun servizo do Concello de baleirado de fosas sépticas

Para facilitar o tratamento das augas residuais e fosas sépticas  a aquelas veciñas e veciños de todas as parroquias que non poden conectarse á rede municipal de sumidoiros, o Concello das Neves pon en marcha un servizo, para reducir gran parte do custe ás e os usuarios. Así, é o Concello o que se encarga … Leer más