Concello das Neves

As Neves contará cun servizo de inspección dos residuos de empresas e negocios, logo do convenio asinado coa Deputación de Pontevedra

O alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, asinou xunto con outros 12 alcaldes e alcaldesas, un convenio coa Deputación de Pontevedra, para a posta en marcha do Servizo de Inspección de Residuos de empresas e negocios. Deste xeito,  As Neves, contará con persoal funcionario provincial e subvencións económicas da Deputación para realizar o traballo de control … Leer más

Os veciños que non poden conectarse á rede municipal de sumidoiros, dispoñen dun servizo do Concello de baleirado de fosas sépticas

Para facilitar o tratamento das augas residuais e fosas sépticas  a aquelas veciñas e veciños de todas as parroquias que non poden conectarse á rede municipal de sumidoiros, o Concello das Neves pon en marcha un servizo, para reducir gran parte do custe ás e os usuarios. Así, é o Concello o que se encarga … Leer más

O Concello das Neves segue adiante coa mellora do servizo de limpeza e tratamento do lixo e consegue 25.000 € de subvención para a mellora do Punto Limpo

O Concello das Neves vén de conseguir 25.000 euros de subvención da Xunta de Galicia para a realización de melloras no ‘Punto Limpo’. As mesmas consistirán la ampliación da zona adicada reservada a residuos perigosos; a renovación do peche exterior; a mellora da seguridade, coa instalación de novas cámaras, e a compra de colectores. Novo … Leer más

O Concello municipaliza a recollida de envases plásticos

O Concello municipaliza a recollida de envases plásticos

Dando un paso máis na xestión do lixo, dende primeiros de 2022 o Concello das Neves asumiu directamente a xestión do servizo de recollida de envases plástico, que ata agora prestaba a empresa privada Urbaser. Nos últimos anos a dotación de contedores, a mellora das frecuencias, a concienciación e o Plan Revitaliza triplicaron as toneladas … Leer más