Concello das Neves

O alcalde volve a esixir á Xunta de Galicia que actúe xa, «coa máxima urxencia», no cruce de Setados, logo de producirse outro accidente

O alcalde esixiu, de novo, á Xunta de Galicia a que actúe xa, de xeito urxente, e acometa xa a reforma do cruce de acceso á parroquia de Setados. Xosé Manuel Rodríguez subliña que o Goberno municipal leva «8 longos anos» instando á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade a que faga unha obra que é … Leer más

O Concello das Neves recibirá 800.000 euros polo dereito de aproveitamento da PLISAN

O Concello das Neves percibirá, antes de que remate o verán, 800.000 euros procedentes da ‘monetarización’ dos terreos da Plataforma Salvaterra-As Neves (PLISAN), que conta, actualmente, con 1 millón de metros cadrados no termo municipal nevense. A aprobación do pago desta cantidade, que corresponde ao dereito de aproveitamento dos terreos asignados á Plataforma Loxística, foi … Leer más

O alcalde urxe á apertura inmediata do acceso á PLISAN dende a rotonda da PO-400 en Liñares

O alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez, vén de instar, novamente, á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia, e aos outros dous promotores da Plataforma Loxística Salvaterra-As Neves, o Consorcio da Zona Franca e a Autoridade Portuaria de Vigo, a que abran canto antes ao tráfico o acceso á PLISAN dende a … Leer más

O Concello remata as obras do Mercado municipal na metade do tempo previsto

O pasado luns pechouse a zona de venta de pescado do Mercado Municipal para realizar uns traballos de mellora, que estaba previsto que durasen dúas semanas. A día de hoxe xa están rematados. Estas obras, ás que o Concello destiñou preto de 30.000 euros, eran  indispensábeis para adaptar o Mercado das Neves ás normas  hixiénico-sanitarias … Leer más

Reparación do afundimento na pista da Estrema, en San Xosé de Ribarteme

O alcalde, Xosé Manuel Rodríguez, e o primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Marcelino Couto, estiveron na pista da Estrema, en San Xosé de Ribarteme, onde van comezar as obras para reparar o afundimento que se produciu no lugar. Os traballos, que poden iniciarse unha vez que o Concello recibiu a … Leer más

A XXX Feira do Requeixo e do Mel xa ten cartaz

A XXX Edición da Feira do Requeixo e do Mel das Neves, xa ten cartaz. O xurado elixiu a obra da artista Sandra Táboas González, titulada ‘As mulleres de sempre’, como a imaxe da feira deste ano que se celebrará os vindeiros días 7 e 8 de abril. Sandra, veciña de San Pedro de Batalláns, … Leer más

Dende o luns, día 6, o Mercado municipal estará pechado dúas semanas para a realización de obras de mellora hixiénico-sanitarias

Dende o luns, día 6 de marzo, e durante un período de dúas semanas, o Mercado municipal permanecerá pechado pola realización de obras de mellora no mesmo. Estes traballos, aos que o Concello destina un orzamento de preto de 30.000 euros, son indispensábeis e inaprazábeis para adaptar a ‘praza’ das Neves ás normas  hixiénico-sanitarias ditadas … Leer más

O Goberno local aposta porque o apartadoiro ferroviario da PLISAN inclúa unha estación de viaxeiros

O alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, o primeiro tenente de alcalde, Marcelino Couto, o segundo tenente de alcalde, Óscar González e as concelleiras Pilar González e Rocío Barreiro, xunto coa alcaldesa de  alcaldesa de Salvaterra, Marta Valcárcel, e o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Jesús Vázquez Almuiña, visitaron este mércores a Plataforma Loxística Salvaterra-As … Leer más

As Neves avanza no seu ‘gran circuíto peonil’, recuperando espazo público para a cidadanía

A presidenta da Deputación de Pontevedra visitou este luns acompañada do alcalde, Xosé Manuel Rodríguez, o primeiro tenente de alcalde, Marcelino Couto, e o equipo de Goberno municipal, as  obras de recuperación do espazo público financiadas no centro urbano do concello a través dos plans extraordinarios da Deputación: a transformación da rúa Rosalía de Castro, … Leer más

Salceda e As Neves renovan dous anos máis o servizo conxunto de Atención Temperá

A alcaldesa de Salceda, Verónica Tourón, e o alcalde de As Neves, Xosé Manuel Rodríguez, mantiveron xunto coas concelleiras de Servizos Sociais de ambos concellos, Angela Ledo e Pilar González, unha reunión para renovar o compromiso de prestación conxunta do Servizo de Atención Temperá e avaliar o impacto deste servizo na poboación. Ata 2024 Tanto … Leer más