Concello das Neves

Supresión da simboloxía Franquista e sinalización do Patrimonio historico-cultural

Subvencións da Deputación Provincial de Pontevedra para a supresión da simboloxía franquista nos espazos públicos e a rehabilitación e sinalización do patrimono histórico-cultural dirixidas aos concellos da provincia de Pontevedra para o ano 2022 (publicadas no BOPPO número 63 de 31 de marzo de 2022)   O Concello das Neves ten concedidas dúas axudas da … Leer más

O Concello das Neves recibirá 800.000 euros polo dereito de aproveitamento da PLISAN

O Concello das Neves percibirá, antes de que remate o verán, 800.000 euros procedentes da ‘monetarización’ dos terreos da Plataforma Salvaterra-As Neves (PLISAN), que conta, actualmente, con 1 millón de metros cadrados no termo municipal nevense. A aprobación do pago desta cantidade, que corresponde ao dereito de aproveitamento dos terreos asignados á Plataforma Loxística, foi … Leer más

O Concello acomete a reforma da antiga Escola da Estación

O Goberno local iniciará a reforma da antiga Escola da Estación. Así transmitíronllo aos veciños e veciñas o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez, o primeiro tenente de alcalde, Marcelino Couto, e a concelleira de Culrura, Rocío Barreiro, nunha xuntanza mantida a semana pasada. As obras, que contarán cun orzamento de 42.000€, integramente procedentes do ‘Plan Concellos … Leer más

As Neves avanza no seu ‘gran circuíto peonil’, recuperando espazo público para a cidadanía

A presidenta da Deputación de Pontevedra visitou este luns acompañada do alcalde, Xosé Manuel Rodríguez, o primeiro tenente de alcalde, Marcelino Couto, e o equipo de Goberno municipal, as  obras de recuperación do espazo público financiadas no centro urbano do concello a través dos plans extraordinarios da Deputación: a transformación da rúa Rosalía de Castro, … Leer más

As Neves acollle o ‘1º Encontro de Artes e Territorio’

O próximo sábado 29 de outubro, As Neves será o escenario do ‘1º Encontro de Artes no Territorio’, un evento que quere servir de base para pensar novas fórmulas que axuden a potenciar a economía e o desenvolvemento turístico dende as artes e a cultura. Este encontro pretende alicerzarse no apoio da veciñanza e na … Leer más

As Neves reivindica a súa memoria histórica cun libro sobre o seu pasado e coa retirada de símbolos franquistas

Este pasado venres foi un día de reivindicación da historia contemporánea e da memoria histórica no concello das Neves. Así se puxo de manifesto no acto organizado polo departamento de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra e o propio Concello para a presentación do libro ‘As Neves. Notas de historia contemporánea 1836/1956’ de Xosé Ramón … Leer más