Concello das Neves

O Concello acomete a reforma da antiga Escola da Estación

O Goberno local iniciará a reforma da antiga Escola da Estación. Así transmitíronllo aos veciños e veciñas o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez, o primeiro tenente de alcalde, Marcelino Couto, e a concelleira de Culrura, Rocío Barreiro, nunha xuntanza mantida a semana pasada. As obras, que contarán cun orzamento de 42.000€, integramente procedentes do ‘Plan Concellos … Leer más

Aberto o prazo para participar no III Concurso Artístico do Condado Paradanta

O GDR Condado Paradanta ven de publicar as bases do novo certame “Visións do territorio: III concurso artístico do Condado Paradanta”, que nesta nova edición contará con catro categorías, fotografía, vídeo, pintura e deseño gráfico. As e os concursantes poderán presentar as súas obras ata o 31 de maio as 14:00 horas. O concurso está … Leer más

Convocadas novas axudas para mellorar a imaxe exterior de vivendas e equipamentos

obras de revestimento e pintura de fachadas sen rematar, renovación dos acabados e remates exteriores

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vén de abrir o prazo de solicitude de Axudas para Corrixir Impactos Paisaxísticos en vivendas particulares. Esta convocatoria de 2022, que é moi similar á anterior, introduce algunhas melloras, como a simplificación dos trámites, a redución da documentación a presentar por parte dos solicitantes, novas especificacións e … Leer más