Concello das Neves

Mellora dos menús do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé

A directora do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé e o encargado da cociña e comedor do centro, reuníronse co representate do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Condado Paradanta, Ismael Lago, e a nutricionista da empresa ‘Nutricoles’, contratada polo proxecto de cooperación Leader, ‘Ecocomedores’, para asesoramento nutricional aos centros educativos. EcoComedores é un proxecto que … Leer más

As Neves acolleu a presentación do proxecto “Viña e Froita”, co que o GDR Condado Paradanta aposta por explotar a viticultura e fruticultura

A Casa da Xuventude das Neves,  ateigada de asistentes, acolleu este venres a presentación dun proxecto do GDR Condado Paradanta, que explorará a viticultura e a fruticultura como novas alternativas para as terras agrarias, a través do proxecto de cooperación LEADER “Viña e Froita”, que promove o Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) e o GDR … Leer más

Os produtos das Neves protagonistas no ’23º Salón Internacional Xantar de Turismo gastronómico’

Dende o pasado mércores,  9, ata este domingo, 13 de novembro, As Neves estivo presente no ’23º Salón Internacional Xantar de Turismo gastronómico’. O alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, xunto con representantes de EFA A Cancela, da Adega Señorío de Rubiós, do GDR e da Coperativa Condado-Paradanta, estivo presente promocionando os nosos produtos que foron … Leer más

Xosé Manuel Rodríguez, inicia nas Neves, como vicepresidente do GDR Condado Paradanta, un ciclo de sesións informativas en concellos do territorio

  O  Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Condado Paradanta inicia este mércores  un ciclo de sesións informativas nos diferentes concellos do territorio, para convidar a asociacións culturais, veciñais e sociais, a colaborar de maneira conxunta no desenvolvemento comarcal. Será Xosé Manuel Rodríguez Méndez, alcalde das Neves e vicepresidente do GDR Condado Paradanta, quen dea comezo … Leer más

Ampliación do prazo para participar no concurso artístico do Condado Paradanta, ‘Visións do territorio’PARADANTA

O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Condado Paradanta, vén de ampliar o prazo do concurso artístico “Visións do Territorio”. Así, as persoas participantes poderán presentar as súas obras ata o 31 de xullo de 2022. Este certame conta con 4 categorías de participación: fotografía, vídeo, pintura e deseño, e está dirixido a todo o público … Leer más

As empresas turísticas do Condado Paradanta xa poden inscribirse no Proxecto SICTED

As entidades do sector, que queiran certificarse co distintivo SICTED, presten os seus servizos e teñan o seu domicilio social dentro do xeodestino Condado Paradanta, teñen de prazo para inscribirse ata o 30 de abril de 2022. Proxecto SICTED O proxecto SICTED é una iniciativa promovida pola Secretaría de Estado de Turismo (SETUR) que conta … Leer más

Aberto o prazo para participar no III Concurso Artístico do Condado Paradanta

O GDR Condado Paradanta ven de publicar as bases do novo certame “Visións do territorio: III concurso artístico do Condado Paradanta”, que nesta nova edición contará con catro categorías, fotografía, vídeo, pintura e deseño gráfico. As e os concursantes poderán presentar as súas obras ata o 31 de maio as 14:00 horas. O concurso está … Leer más

O alcalde das Neves presenta a oferta turística do noso territorio en FITUR

O alcalde das Neves en FITUR 2022

As Neves estivo presente na Feira Internacional do Turismo (FITUR), en Madrid, como parte da proposta presentada polo Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Condado Paradanta. É o quinto ano no que o GDR está presente no stand de Galicia para expoñer a oferta dun territorio integrado por dez concellos (Arbo, A Cañiza, O Covelo, Crecente, … Leer más