Concello das Neves

O Goberno local aprobará unha ‘Liña de Emerxencia’ duns 100.000 euros para facer fronte ás reparacións dos danos do temporal

O Goberno local aprobará unha ‘Liña de Emerxencia’ dotada cuns 100.000 euros, para facer fronte aos traballos de reparación dos múltiples danos causados polo pasado temporal en todo o concello das Neves. Estes traballos súmanse aos xa realizados, e aos que aínda se están a facer, dende o pasado día 31, por persoal municipal, coordenado … Leer más

O Concello leva a cabo a adecuación da antiga casa dos mestres de Cerdeira para vivenda en aluguer

O Concello vén de iniciar as obras de reforma da antiga vivenda dos mestres de Cerdeira, de 106 m2, anexa á antiga escola, que na actualidade funciona como centro social da parroquia, logo das melloras feitas recentemente polo Goberno municipal. Os traballos comprenden un cambio da distribución, renovación dos acabados e das carpinterías, tanto exteriores … Leer más

Convocadas novas axudas para mellorar a imaxe exterior de vivendas e equipamentos

obras de revestimento e pintura de fachadas sen rematar, renovación dos acabados e remates exteriores

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vén de abrir o prazo de solicitude de Axudas para Corrixir Impactos Paisaxísticos en vivendas particulares. Esta convocatoria de 2022, que é moi similar á anterior, introduce algunhas melloras, como a simplificación dos trámites, a redución da documentación a presentar por parte dos solicitantes, novas especificacións e … Leer más