Concello das Neves

Aberto o prazo para participar no concurso de carteis da ‘XXX Feira do Requeixo e Mel’

O Concello de As Neves convoca concurso de carteis con motivo da celebración da “XXX FEIRA DO REQUEIXO E MEL”, que terá lugar os días 7 e 8 de Abril de 2023. Este concurso ten como obxectivo deseñar o cartel da Feira, promovendo así unha das principais festas gastronómicas do municipio. As Propostas deberán ser … Leer más

O Concello traballa para devolver a normalidade ás zonas castigadas polo temporal

Inundacións, desprendimentos, estradas e camiños cortados ou dificultades para circular, son algúns dos efectos do temporal de choiva e vento que chegou á súa intensidade máxima o día de fin de ano, e que causou danos en diferentes parroquias, os principias en Santa Eulalia de Batalláns, San Pedro de Batalláns e Taboexa e tamén en … Leer más

O Concello comeza a tratar os tileiros da Praza Maior, afectados por un fungo

Especialistas consultados polo Concello veñen de facer distintas análise aos tileiros da Praza Maior, plantados hai 60 anos, e confirmaron que os mesmos están afectados por ‘Diplodia seriata’, un fungo da madeira presente no chan que, cando as árbores están máis débiles, convértese e patóxeno. Endoterapia Nos últimos días estudaron cal sería o mellor tratamento … Leer más

O Concello leva a cabo a adecuación da antiga casa dos mestres de Cerdeira para vivenda en aluguer

O Concello vén de iniciar as obras de reforma da antiga vivenda dos mestres de Cerdeira, de 106 m2, anexa á antiga escola, que na actualidade funciona como centro social da parroquia, logo das melloras feitas recentemente polo Goberno municipal. Os traballos comprenden un cambio da distribución, renovación dos acabados e das carpinterías, tanto exteriores … Leer más

Este mércores, 1 de xuño, ábrese o prazo de inscrición para os Campamentos de Verán das Neves

O Concello das Neves abre este mércores, 1 de xuño, e ata o vindeiro día 17, -ámbolos dus dous  incluidos- o prazo de inscrición nos Campamentos Municipais de Verán. Facilitar a conciliación Os campamentos teñen coma obxectivo facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, ocupando o tempo libre das crianzas en idade escolar de forma organizada … Leer más

Os palistas que participan na II Gold River Race, este domingo, día 15 nas Neves

A segunda edición da Gold River Race, a competición de piragüismo de estilo ultramaratón que se atopa entre as máis longas do mundo e que xa está a converterse nun referente internacional, pasará esta fin de semana polas Neves. A proba, dun total de 100 quilómetros, arrancou este venres, día 13, en Lugo e tralo … Leer más