Concello das Neves

O Concello segue adiante coas obras de accesibilidade, en Santiago de Ribarteme, Santa Eulalia de Batalláns e Taboexa

O Goberno local segue adiante cos traballos de mellora da accesibilidade e seguridade vial, dentro do Plan de Accesibilidade do Concello das Neves 2019-2023, financiado polo ‘Plan Concellos 2022’ da Deputación de Pontevedra, cun orzamento de 118.994,86 euros. As obras, adxudicadas a Construcciones Vale S.L., teñen como finalidade facilitar a accesibilidade das veciñas e veciños … Leer más

O Goberno local aprobará unha ‘Liña de Emerxencia’ duns 100.000 euros para facer fronte ás reparacións dos danos do temporal

O Goberno local aprobará unha ‘Liña de Emerxencia’ dotada cuns 100.000 euros, para facer fronte aos traballos de reparación dos múltiples danos causados polo pasado temporal en todo o concello das Neves. Estes traballos súmanse aos xa realizados, e aos que aínda se están a facer, dende o pasado día 31, por persoal municipal, coordenado … Leer más

Arranxo e mantemento dos camiños municipais

O Goberno local vén de aprobar a expediente de ‘Mellora da Seguridade Vial dos Camiños Municipais’, que ten coma obxectivo continuar co arranxo e mantemento dos viais de titularidade municipal. Este programa, que conta cun orzamento de 50.000 euros, empregará nos arranxos máis de 184 toneladas de asfalto, para o tratamento do firme, eliminación de … Leer más

O Concello facilita o acceso as súas casas a veciñas e veciños de todas as parroquias das Neves

Destina este 2022 máis de 120.000 euros ao Plan Municipal de Accesibilidade  O Plan de Accesibilidade das Neves 2019-2023 avanza a bo ritmo, realizando os traballos proxectados, tanto por parte do persoal municipal como mediante a contratación de obras externas, para cumprir co obxectivo de facilitar a accesabilidade das veciñas e veciños ás súas casas. … Leer más

Continúa o Plan de Accesibilidade do Concello das Neves, en Santa Eulalia de Batalláns, Taboexa e Santiago de Ribarteme

O Concello continúa co Plan de Accesibilidade a Vivendas das Neves 2019-2023, configurado como unha actuación continua que continuará, con varias obras, ao longo deste ano 2022. Para as mesmas, o Goberno municipal xa  solicitou financiación para diferentes traballos en Pasqueixóns, A Carrasqueira e A Escaravelleira, e acometerá a mellora doutros accesos con fondos propios. … Leer más